Escoitar

O alcalde explica á asociación de veciños de Teis os novos usos da ETEA

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado en Vigo da Zona Franca, Francisco López Peña, explicaron este xoves ao Presidente da A.VV. de Teis, Antonio Collazo, o convenio que abrirá toda a ETEA aos cidadáns e que convertirá a Vigo no "Centro de Investigación Marina e Oceanográfica máis importante de Europa". A sinatura contempla a edificación na zona de vivendas de protección oficial, e o alcalde desexa que "a finais do verán" unha parte das instalacións estén abertas ao público.

xoves, 24 abr 2008
1209037242etea.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado na cidade da Zona Franca, Francisco López Peña, mantiveron este xoves unha reunión co Presidente da Asociación de Veciños de Teis, Antonio Collazo, para explicar o acordo alcanzado entre o Consorcio, a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo para os novos usos da ETEA.

O convenio, que se asinará nas próximas semanas, contempla a cesión ao Concello sen contrapartida económica das instalacións deportivas da zona. O pavillón, a piscina e o campo deportivo pasarán a mans municipais "en perfecto estado de uso", salientou o alcalde, quen mostrou a súa "absoluta satisfacción" polo "desbloqueo" e o "resultado inmellorable para a cidade" das negociacións.

Os terreos da ETEA estarán abertos na súa totalidade para uso cidadán: os paseos, as avenidas e a zona lúdica cidadá que acompaña ao porto deportivo poderá ser disfrutada polos vigueses. Ademais, se rexenerará a praia da Punta cun novo dique, aberto para o uso público. A rúbrica do convenio inclúe unha superficie que se destinará á construcción de vivendas de protección oficial.

Abel Caballero salientou que a apertura das instalacións da ETEA servirá como "centro de rexeneración" e de "tirón urbano" para Teis. Asemade, o alcalde destacou que Zona Franca recibe co convenio 6 millóns de euros, que serán investidos "obligatoriamente" en Vigo. A previsión do rexedor é que "a finais de verán" esté aberto ao público unha parte da ETEA.

"Referencia europea"
O acordo trilateral contempla a edificación do "gran proxecto europeo de investigación", a Cidade do Mar, que, en verbas do alcalde, será o "centro de investigación marina e oceanográfica máis importante de Europa". Este proxecto terá coste cero para o Concello, pois será financiado íntegramente polo Goberno de España, a través do Ministerio de Ciencia, e pola Unión Europa.
Descargar todas as imaxes