Carmela Silva realizará un "seguemento directo" dos grandes proxectos estatais para Vigo
O alcalde, Abel Caballero, recibíu este venres á voceira do grupo socialista no Senado, a viguesa Carmela Silva, quen reafirmou o seu compromiso de facer un seguemento aos grandes proxectos do Estado para con Vigo, así como de trasladar ao goberno as demandas dos vigueses. O alcalde calificou de "paso de xigante" para Vigo a presencia de Silva na Cámara Baixa.
A anterior concelleira de Urbanismo e actual voceira socialista no Senado, Carmela Silva, visitou este venres a Alcaldía para reiterar o seu compromiso de facer un "seguemento directo" dos grandes investimentos do Estado para Vigo e de trasladar a Madrid as demandas da cidade.
Silva recalcou a súa vontade de que se cumpran os prazos dos grandes proxectos de Vigo, que "xa están en marcha e publicados no BOE". A voceira avanzou que comezará os contactos cos Ministerios e o Goberno unha vez se reanude a actividade parlamentaria do Congreso e do Senado, o 29 de abril e o 13 de maio, respectivamente.
A voceira agradeceu aos vigueses a súa confianza e subliñou o "importante papel dos galegos no Estado", xa que "poñen a Vigo nun posto moi importante no mapa". En especial salientou a relevancia de que Elena Espinosa "asuma retos como o abastecemento e o saneamento" de Vigo, ademais da nova depuradora, situación que relacionou co "valor engadido" que supón para Vigo que o seu alcalde sexa o Presidente da Rede Española de Cidades polo Clima.
Pola súa banda, Abel Caballero resaltou a "gran importancia e interese" que ten para Vigo a presencia de Carmela Silva no Estado, xa que cooperará na "culminación definitiva" dos grandes proxectos de Vigo, proxectos que teñen que ver con cinco Ministerios: Vivenda, Xustiza, Medio Ambiente, Cultura e Fomento.
O alcalde calificou de "paso de xigante" a presencia da antiga concelleira na Cámara Baixa para finalizar temas como o AVE, a futura estación de Urzáiz, as autovías, o aeroporto, a depuradora, o Xulgado e o Rexistro do Mercantil ou a biblioteca estatal, entre outros.
Descargar todas as imaxes