Seminario de planificación empresarial
A concellería da Área de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, por medio do servizo de asesoramento a emprendedores (SAE), coa finalidade de potenciar a iniciativa empresarial das persoas emprendedoras e dentro do programa de apoio á creación de empresas, organiza un "Seminario de Planificación Empresarial", patrocinado polo BIC Galicia, no que se analizará a viabilidade económica e financeira dos proxectos empresariais de cada unha das persoas participantes no mesmo.
O seminario que comeza o 26 de maio, constará de 7 xornadas formativas e 4 titorías personalizadas sobre cada proxecto, nas que se traballarán temas de organización, mercado, comercialización, financiamento e análise económica.
O prazo de inscrición remata o 2 de maio.
Máis información no teléfono de información 010 e no do SAE 986.44.37.49