Escoitar

O Márketing Social dende a Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo

A Oficina Municipal de Voluntariado organiza, dentro do seu programa de formación anual, o seminario dirixido a asociacións, "Comunicación e Márketing nas Entidades de Voluntariado" que terá lugar o próximo xoves, día 8 de maio no Centro Cívico do Casco Vello (C/ Oliva nº 12) a partires das 18:30h. A charla pretende reflexionar sobre a importancia do márketing nas entidades non lucrativas apuntando algunhas pautas para que axuden a unha comunicación máis eficaz nelas.

mércores, 30 abr 2008
1209552622solidariedade.jpg
No seminario abordaranse aspectos como a importancia de dar a coñecer unha entidade, mellorar a comunicación e estratexias de márketing entre outras. O curso o impartirá Carlos Mañas Gómez, profesor e activista social que goza dun amplo bagaxe profesional no terceiro sector, pertence a diferentes organizacións no gobernamentais nas que presta a súa colaboración en campañas de sensibilización. Investigador en temas sociais, participa en distintos foros internacionais de voluntariado e é autor de distintas publicacións relacionadas co marketing social e disciplinas afíns. Entre as súas últimas colaboracións destaca a súa participación na campaña publicitaria de cobertura internacional "Radio la Colifata" de Aquarius.

O curso vai dirixido a profesionais ou responsables de entidades e persoas interesadas na coordinación de proxectos de voluntariado.

Dado co número de prazas é limitado darase prioridade a aquelas entidades inscritas na OMV. As inscricións poderán facerse na propia OMV (Praza do Rei s/n), por teléfono 986 810213 enviando a inscrición ao número de fax 986 43363 ou a través do correo ofi.voluntariado@vigo.org
Descargar todas as imaxes