Escoitar

En dúas semanas comezan as obras dos aparcadoiros de Pintor Colmeiro e Policarpo Sanz

O alcalde, Abel Caballero, avanzou que o 12 de maio empezan as obras en Pintor Colmeiro e o 19 do mesmo mes, en Policarpo Sanz, mentres que o de Areal dará comezo dentro de 12 meses. O Concello xa ten preparado o plan provisional de tráfico para as zonas afectadas. O Goberno Local aprobou este luns os proxectos de construción destes tres primeiros aparcadoiros soterrados.

luns, 5 mai 2008
1209990154Imagen01110.jpg
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns os proxectos de construción dos aparcadoiros de Areal, Pintor Colmeiro e Policarpo Sanz. As obras en Pintor Colmeiro terán unha duración de 16 meses, e comezarán o próximo 12 de maio. En Policarpo Sanz, os traballos se desenvolverán durante os 30 próximos meses desde o 19 de maio, data de inicio dos mesmos. No Areal, se inician dentro de aproximadamente 12 meses.

O alcalde de Vigo salientou que, cos novos aparcadoiros, comeza "unha nova etapa" para Vigo, ao tempo que anunciou que xa está lista a reordenación do tráfico para o tempo de duración das obras. Pintor Colmeiro "non establece dificultades" para o tráfico xa que se desviará por unha urbanización próxima.

Policarpo Sanz sí contará cun novo "sistema de circulación e sinalización", con dous carrís en sentido ascendente (un dos mesmos, reservado para o transporte público) e un único carril para o autobús e os taxis en sentido descendente. Os vehículos procedentes de Pi y Margall se desviarán pola Falperra ata a Ronda de Don Bosco e Venezuela e o tráfico procedente de García Barbón se redirixirá por Beiramar.

14 novos traballadores para Urbanismo

O goberno deu asemade o seu visto bo á oferta de emprego público que permitirá a incorporación de 14 traballadores á Xerencia de Urbanismo. As vacantes corresponden a dúas prazas de Técnico da Administración Xeral, cinco de Administrativo, 4 de Auxiliar Administrativo, un de alguacil-notificador, un para arquitecto técnico e un programador informático.

Os novos traballadores permitirán "axilizar" o outorgamento das licencias por parte da Xerencia, valorou o alcalde, para que non superen o prazo de "tres ou catro meses", polos entre 8 e 12 meses que se tarda na actualidade.

Tres vivendas para mulleres maltratadas

A Xunta de Goberno Local deu conta este luns da cesión realizada polo Instituto Galego da Vivenda e do Solo de tres vivendas destinadas ás mulleres vítimas de violencia de xénero. As mesmas están sitas nas rúas Torrecedeira, Gaivota e Martinez Garrido.
Descargar todas as imaxes