mércores, 7 maio 2008

Xunta e Concello construirán unha senda fluvial polo Lagares

mércores, 7 mai 2008

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, pecharon o acordo este mércores co delegado provincial da Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Juan Francisco Froján, que permitirá construir a senda desde o nacemento ata a desembocadura do río. No encontro se selou a vontade de ambas institucións de "cooperar activamente" contra os verquidos no Lagares.

O Concello e aqualia poñen en marcha o proxecto de telelectura de maior envergadura de España

mércores, 7 mai 2008

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, asistiron este mércores ao inicio do sistema de Lectura Remota de Contadores, que se está a instalar nalgúns puntos da cidade e que permitirá facer a lectura con total fiabilidade sen ter que acceder ao contador. "Este novo sistema coloca a Vigo na vangarda do servizo de xestión de auga", subliñou Abel Caballero.

O programa do Día das Letras Galegas, que inclúe unha nova edición do "Camiña e coñece", aposta pola galeguización da cultura <br />

mércores, 7 mai 2008

"Acabar coas etapas de indefinición á hora de defender as nosas tradicións" é un dos obxectivos da programación coordinada dende a Tenencia de Alcaldía do Concello de Vigo con motivo da celebración do Día das Letras Galegas deste ano, segundo apuntou este martes o tenente de alcalde, o nacionalista Santi Domínguez. "O programa cultural inclúe actividades deportivas, culturais e lúdicas, como unha nova edición do Camiña e Coñece e un xantar romaría, porque se pode disfrutar coa música ou xantando en torno á nosa cultura e os nosos valores", subliñou o tenente de alcalde, quen na presentación das actividades estivo acompañado pola concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, o concelleiro de Cultura, Xesus López, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso.

O Colexio de Enxeñeiros de Galicia apoia a candidatura de Vigo para a Universiada 2013

mércores, 7 mai 2008

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia trasladou este martes o seu apoio á candidatura de Vigo para acoller a Universiada no 2013, segundo explicou o tenente de alcalde, Santi Domínguez tras a reunión que mantivo con varios representantes desta entidade. Ademais, o tenente de alcalde indicou que entre os temas tratados no encontro figura a celebración na cidade do primeiro congreso internacional de Enxeñería Civil.

O Auditorio Municipal acolle xoves e venres a obra para adultos "O clube da calceta"

mércores, 7 mai 2008

A programación estable de teatro para adultos posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural para o primeiro semestre do 2008 continúa mañá e pasado, 8 e 9 de maio, coa obra "O clube da calceta", a cargo da compañía Teatro do Morcego. A representación terá lugar ás 21:00 horas e as entradas, cun prezo de 5 euros, xa están a venda nas instalacións da Central de Espectáculos (na rúa Velázquez Moreno, número 26) e por internet na web www.centralespectaculos.com. Unha hora antes do comezo do espectáculo, se todavía quedasen entradas, poden mercarse na propia taquilla do Auditorio.