Escoitar

O Concello axiliza o tráfico na Travesía de Vigo cunha nova sinalización

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Xulio Calviño, presentaron este luns a nova sinalización horizontal e vertical na Travesía de Vigo, máis visible e efectiva, coa que o Concello "mellorará o tráfico". A actuación contempla a creación de zonas de carga e descarga e de novas prazas de aparcamento para discapacitados, e a instalación de marquesiñas e paneis informativos dos percorridos.

luns, 5 mai 2008
1209989968Imagen0245.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Xulio Calviño, presentaron este luns as melloras na sinalización da Travesía de Vigo co que o Concello procura "ordenar e axilizar" o tráfico e conseguir "unha Travesía máis humana". A nova sinalización vertical e horizontal procura ser máis visible e efectiva.

As melloras contemplan a creación de zonas de carga e descarga e a nova sinalización das mesmas, a instalación de novas marquesiñas nas paradas do autobús e a colocación de novos paneis informativos dos percorridos, a instalación de valados ornamentais para garantir a seguridade vial e a creación de novas prazas de estacionamento para persoas con discapacidade.

A posta en marcha destas melloras contará co apoio da Policía Local, que aumentará os seus servizos e levará a cabo diversas actuacións co fin de reducir os inconvenientes que poidan ocasionar as medidas.

O Concello solicita a colaboración dos cidadáns para que o impacto das melloras na circulación sexa mínimo e o tráfico fluído.
1209989968Imagen0245.jpg
1209990462Imagen0245.jpg
Descargar todas as imaxes