Xuventude ofrece aos estudantes unha Sala Nocturna de Estudo en épocas de examen
A concellaría de Xuventude inicia esta fin de semana unha actividade nova de apertura do PUNTO XOVE en horario nocturno para que os estudantes podan contar cunha Sala Nocturna de Estudo nas épocas de examen, dentro do programa Noites Vivas.
O PUNTO XOVE está situado na rúa López de Neira, en pleno centro da cidade onde ademáis de luns a venres funciona coma un centro de recursos para a mocidade onde poden informarse de moitos temas de interese para eles (emprego, ocio, formación, viaxes, bolsas e axudas... ). Contase ademáis con ordenadores e acceso gratuito a Internet, así coma conexión wifi.
Días e horarios nos que permanecerá aberta a Sala Nocturna de Estudo:
- VENRES 9 E SÁBADO 10
- VENRES 23 E SÁBADO 24
- VENRES 30 E SÁBADO 31
-HORARIO NOCTURNO DE : 21:00 a 02:00hs.
Días e horarios nos que permanecerá aberta a Sala Nocturna de Estudo:
- VENRES 9 E SÁBADO 10
- VENRES 23 E SÁBADO 24
- VENRES 30 E SÁBADO 31
-HORARIO NOCTURNO DE : 21:00 a 02:00hs.