O alcalde plantexa que Vigo acolla cada dous anos unha reunión de "Educadores pola Paz"
Fai aproximadamente un mes, Educadores pola Paz celebrou na cidade a súa reunión que trouxo a Vigo preto de 1.200 educadores de toda Galicia e Portugal, unha mobilización "sen precedentes", salientou o alcalde. En decembro de 2008, a cidade volverá a acoller outra reunión do colectivo, polo que Abel Caballero aboga porque Vigo sexa a sede bianual destes encontros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Laura L. Atrio, recibiron este venres ao coordinador de Educadores pola Paz, Suso Rodríguez Jares, quen lles avanzou que, tralo éxito alcanzado no encontro do mes pasado na cidade, o colectivo celebrará outra reunión en Vigo o próximo mes de decembro.
O alcalde, pola súa banda, plantexou ao coordinador o seu desexo de que Vigo acolla cada dous anos unha reunión destas características, pasando a ser sede bianual de Educadores pola Paz.
A última reunión concentrou na cidade a 1.200 educadores, principalmente de Galicia e Portugal, unha mobilización "sen precedentes", segundo salientou o alcalde. Esta capacidade de convocatoria, o éxito das reunións celebradas na cidade e a relevancia dos encontros de Educadores pola Paz foron os detonantes para que Abel Caballero propuxera a Vigo como sede bianual.
Descargar todas as imaxes