O alcalde estima que en "mes e medio" podería alcanzarse un acordo global para "o porto do futuro"
Abel Caballero, tras o encontro deste venres coa Federación de Usuarios de Porto de Vigo, salientou que está a espera de que a Autoridade Portuaria presente o proxecto definitivo de ampliación para comezar a "escoitar á cidade" na procura de alcanzar un acordo global para "o Porto do futuro".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, agarda que en "mes e medio" a cidade poida acadar un consenso total para "o Porto do Futuro". Para que o acordo estea fraguado antes deste verán, como así estaba previsto, a Autoridade Portuaria debe presentar o seu proxecto definitivo de ampliación, un documento sobre o que o alcalde e as distintas forzas sociais e económicas da cidade traballarán para acadar o consenso definitivo que defina o porvir do Porto de Vigo.
Os 45 días de prazo son considerados "tempo suficiente" polo alcalde para que o Porto concrete a súa proposta, e será entón cando Abel Caballero "escoitará á cidade" para acadar o acordo político, sindical, empresarial e cidadán necesario para que Vigo realice unha proposta conxunta á Autoridade Portuaria.
Tras un encontro mantido coa Federación de Usuarios do Porto de Vigo, Abel Caballero salientou que, neste momento, a cidade ten "unha oportunidade única de resolver a integración do Porto e a cidade e o futuro da industria do territorio", o tráfico comercial, para o que o rexedor municipal considera vitais o desenvolvemento do Plan Nouvel e o proxecto Beiramar.
Ambos proxectos, contemplados na proposta de ampliación do Porto, serán impulsados "decididamente" pola Alcaldía, segundo comentou Abel Caballero, xa que son considerados prioritarios. Ademais de integralos, o rexedor afirma que o Porto e a cidade non poden carecer "dun gran porto de referencia de transatlánticos" que evite que estes grandes buques sexan desviados a atraques de mercancías, como está a suceder na actualidade. O Plan Nouvel, afirma Abel Caballero, solventaría esta situación.
A Federación de Usuarios comunicoulle ao alcalde o seu apoio á ampliación do Porto, e acordaron manter unha nova reunión unha vez a Autoridade Portuaria presente o proxecto definitivo. Abel Caballero destacou a importancia do proceso de ampliación do Porto para Vigo, xa que é "o núcleo central do crecemento" da cidade.
Descargar todas as imaxes