Escoitar
Turismo

Convocatoria de doce becas de formación

Convócanse 12 becas para a realización de prácticas de información nas oficinas de información turística e servizos turísticos que a Concellería de Industria, Comercio e Turismo porá a disposición dos visitantes no período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de outubro de 2008, ámbolos dous inclusive.

venres, 9 mai 2008
No obstante, se o comenzo das prácticas tivese que alterarse por algunha causa, o remate acortarase ou prolongarase tantos días como se teña adiantado ou retrasado o comenzo da actividade.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, dentro dos dez días hábiles seguintes á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Poderán remitirse, asemade, ó Rexistro Xeral, no prazo antes mencionado, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992 de RXAPPAC, de 26 de novembro. As solicitudes deberán acompañarse da documentación requerida nas bases desta convocatoria (BOP 10 de abril de 2006).

O pagamento das becas farase mensualmente.

As bases xerais que rixen esta convocatoria foron aprobadas, dentro do marco xurídico definido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria de 21 de agosto de 2006 (BOP 10 abril 2006), anexo 1, "Bases para a convoctoria de becas para a realización de prácticas en oficinas de información e servicios turísticos".