Escoitar

O Verbum programa para a fin de semana do mes de maio os obradorios de "a linguaxe das flores " e "laboratorio de escoita e experimentación sonora"

Organizado polo colectivo Alg-a, o obradoiros " Laboratorio de escoita e experimentación sonora" tentan introducir aos rapaces no mundo do son e a escoita: como viaxa o son, por onde se move, para que serve…; que experimenten por eles mesmos os principais procesos creativos deste mundo e a súa interrelación con outros proxectos semellantes. <br />

venres, 9 mai 2008
1210335600flores.jpg
Traballarase exclusivamente a partir do material sonoro xerado, escoitado e gravado polos propios participantes. Terán a oportunidade de gravar colectivamente a súa propia banda sonora e ofrecer un pequeno concerto a todos os pais e público asistente.

Datas: sábados 10, 24 e 31 de maio.
Horarios: de 10.30 a 12.00 e de 12.00 a 13.30
Para rapaces de 8 a 12 anos.
1 € por asistente.
Aforo limitado a 12 rapaces por sesión. Inscricións: 986 240 130

"A LINGUAXE DAS FLORES"

O museo Verbum – Casa das Palabras presenta nas mañás dos domingos do mes de maio uns obradoiros nos que as flores serán as protagonistas como representación da palabra e deste mes propio delas.

Domingo 4 de maio: "As flores de pan. O rizado das flores". Presentación de Flora e Rosa, as mensaxeiras das flores. Historia da linguaxe das flores, significados e tipos.

Domingo 11 de maio: "Flores creativas de papel e con pallas de cores". Estudo da gramática das flores e representación do baile das flores mediante a danza e a expresión corporal.

Domingo 18 de maio: "Flores recicladas, adornos florais con feltro e pinzas ". Historias de
flores, as flores na arte, na vida cotiá, na cociña, nos perfumes e a Ikebana, arte floral xaponesa.

Domingo 25 de maio: "O mural floral". Curiosidades das flores do mundo, cancións das flores de Galicia, o noso calendario floral, festas das flores (o Maio) e decoración dunha alfombra de flores con distintas técnicas.

Para nenos/as a partir de 5 anos e familias
1 € por asistente
Nota: domingo 18, día internacional dos museos, entrada gratuita
de 12:00 a 13:30
Aforo limitado a 50 persoas. entrada por rigorosa orde de chegada
Descargar todas as imaxes