Concertos didácticos dos mestres da Fundación Sondeseu
Tradurbán é un espectáculo deseñado especialmente para o ciclo de concertos didácticos que terá lugar en diversos centros de ensino secundario da cidade de Vigo con motivo da celebración da semana das Letras Galegas en Maio de 2008 e que organiza a Concellería de Educación. O primeiro dos concertos terá lugar o luns, día 12 , no IES Politécnico, ás 12.30 horas e o que asistirá a concelleira de Educación, Laura López Atrio.
O concerto articulase en torno á descripción didáctica dos procesos de urbanización que presenta a música tradicional dando lugar ó folk contemporáneo, formas, presentación dos instrumentos, xéneros e outros elementos que, con carácter pedagóxico, procuran a comunicación co público máis novo e a súa integración na dinámica do espectáculo.
A música únese á festa das letras galegas co ciclo de concertos Tradurbán. A música tradicional, creada durante xeracións nun contexto case exclusivamente rural, trasládase ás cidades coa creación dun novo xénero musical con apenas 40 anos de historia: o Folk. Cada un dos cinco concertos do ciclo integra a execución dun repertorio, arranxado polos propios músicos, que abarca distintos xéneros da música instrumental e vocal, ademáis dunha descrición física e sonora dos instrumentos da tradición galega e do folk.
Seis dos músicos máis influintes na historia pasada e recente deste xénero trasladan a escea todos os elementos distintivos que teñen levado a música folk galega a ser considerada unha das máis importantes e valoradas da tradición musical europea: Anxo Pintos (zanfona), Xaquín Xesteira (gaita e percusión), Xosé Liz (bouzuki, requinta), Alfonso Franco (violín) e Francisco J. Feijoo "Chisco" (voz e percusión) forman os Mestres da Fundación Sondeseu, a eles se engade a colaboración especial de Rodrigo Romaní (arpa e guitarra acústica).
Currículo Mestres da Fundación Sondeseu
Xosé Liz foi dende o ano 2002 a 2007 mestre de Requinta Galega no Conservatorio Tradicional da "Escola de Artes e Oficios de Vigo". Fundou os grupos Salterium, Beladona e Arán. Actualmente é colaborador dos grupos Arán, Beladona, Alfolíes, Ardentía, Entretrastes e Anxo Lorenzo Grupo; ademais de ter tocado con músicos coma Uxía Senlle (coas presentacións do álbum "danza das areias") ou Rodrigo Romaní (co espectáculo audiovisual adicado a Avilés de Taramancos). Participou na gravación de máis de vinte álbumes no panorama folk Galego e Internacional . Director da sección de requinta da Orquestra Folk Sondeseu.
Anxo Pintos é cofundador do grupo do "Matto Congrio e Berrogüetto (1995), formación na que traballa na actualidade e coa que gravou: "Navicularia"(1996) Premio da Crítica de Alemaña, Premio Ideal ó Grupo Revelación de 1997, e Premio ó Mellor Grupo folc Europeo (1.998); "Viaxe por Urticaria" (premio á mellor Banda Sonora 1999 da película A Rosa De Pedra ). "Hepta" (nominación ós Grammy latinos no apartado de mellor disco de músicas tradicionais 2001). "10.0" (nomeado mellor disco de World Music do 1º trimestre do ano 2007). Dende o ano 1997 a 2007 exerceu como mestre de Zanfona no Conservatorio Tradicional da "Escola de Artes e Oficios de Vigo". Director da sección de Zanfona da Orquestra Folk Sondeseu.
Alfonso Franco mestre de Violín do Conservatorio de Música Tradicional da EMAO entre 1999 e 2007, conta cunha ampla traxectoria nos escenarios: membro dos grupos Tebra, Galerna, Bluerags e Castenda; músico do Centro Dramático Galego e da compañía Teatro Chévere; e colaborador de agrupacións e músicos como Milladoiro, Emilio Cao, Javier Álvarez, Highlanders, Siniestro Total, Rodrigo Romaní, Urbano Cabrera ou Malvela. Tamén ten investigado o papel do violín na música folk galega, publicado diversos artigos e impartido cursos e seminarios sobre este tema. Director da sección de violín da Orquestra Folk Sondeseu.
Xaquín Xesteira é compoñente de "Os Faíscas" de Solobeira e Treixadura Gaiteiros, cos que editou catro traballos discográficos (Obrigado,1996; Unha noite no muíño, 1999; Unha noite non é nada, 2003; Unha semaniña enteira, 2006). Colaborou cos grupos Milladoiro, Na Lúa, Fuxan os Ventos, Rodrigo Romaní e Malvela. Mestre de Gaita e percusión no Conservatorio de Música Tradicional da EMAO de Vigo desde 1996 ata 2007, tamén é patrono da Fundación Sondeseu e director das seccións de Gaita e Percusión da Orquestra do mesmo nome.
Francisco Javier Feijoó,, foi compoñente dos grupos Herba Santa, Cuarteto Tradicional Maruxía, Ajrú e Trisquel, e ten colaborado con Ardentía, Rodrigo Romaní, Xosé Manuel Budiño, Quempallou ou Lizgairo. Mestre de Canto Popular no Conservatorio de Música Tradicional da E.M.A.O. entre 1998 e 2007, é fundador e director do grupo de pandereteiros Eiravella, pertencente á A.C.F. O Fiadeiro, e dos grupos de baile desta entidade. Director da sección de canto da Orquestra Folk Sondeseu.
Rodrigo Romaní é fundador e ex-compoñente de Milladoiro, fundador do Conservatorio de Música Tradicional da EMAO de Vigo, profesor de Arpa e de Historia da Música Galega. Ten colaborado con nomes como The Chieftains, Alan Stivell, Paul Winter, Martin O'Connor, a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra de Cámara Reina Sofía a Orquestra Sinfónica de Galicia ou a irlandesa RTE. Foi productor de Susana Seivane, Treixadura. Ten dezaseis discos publicados con Milladoiro e dous en solitario. Premios como Galego Egrexio, Pedrón de Ouro, Goya á mellor Banda Sonora, María Casares á mellor Banda Sonora, Vieira de Plata ó Mérito Artístico.
Descargar todas as imaxes
A música únese á festa das letras galegas co ciclo de concertos Tradurbán. A música tradicional, creada durante xeracións nun contexto case exclusivamente rural, trasládase ás cidades coa creación dun novo xénero musical con apenas 40 anos de historia: o Folk. Cada un dos cinco concertos do ciclo integra a execución dun repertorio, arranxado polos propios músicos, que abarca distintos xéneros da música instrumental e vocal, ademáis dunha descrición física e sonora dos instrumentos da tradición galega e do folk.
Seis dos músicos máis influintes na historia pasada e recente deste xénero trasladan a escea todos os elementos distintivos que teñen levado a música folk galega a ser considerada unha das máis importantes e valoradas da tradición musical europea: Anxo Pintos (zanfona), Xaquín Xesteira (gaita e percusión), Xosé Liz (bouzuki, requinta), Alfonso Franco (violín) e Francisco J. Feijoo "Chisco" (voz e percusión) forman os Mestres da Fundación Sondeseu, a eles se engade a colaboración especial de Rodrigo Romaní (arpa e guitarra acústica).
Currículo Mestres da Fundación Sondeseu
Xosé Liz foi dende o ano 2002 a 2007 mestre de Requinta Galega no Conservatorio Tradicional da "Escola de Artes e Oficios de Vigo". Fundou os grupos Salterium, Beladona e Arán. Actualmente é colaborador dos grupos Arán, Beladona, Alfolíes, Ardentía, Entretrastes e Anxo Lorenzo Grupo; ademais de ter tocado con músicos coma Uxía Senlle (coas presentacións do álbum "danza das areias") ou Rodrigo Romaní (co espectáculo audiovisual adicado a Avilés de Taramancos). Participou na gravación de máis de vinte álbumes no panorama folk Galego e Internacional . Director da sección de requinta da Orquestra Folk Sondeseu.
Anxo Pintos é cofundador do grupo do "Matto Congrio e Berrogüetto (1995), formación na que traballa na actualidade e coa que gravou: "Navicularia"(1996) Premio da Crítica de Alemaña, Premio Ideal ó Grupo Revelación de 1997, e Premio ó Mellor Grupo folc Europeo (1.998); "Viaxe por Urticaria" (premio á mellor Banda Sonora 1999 da película A Rosa De Pedra ). "Hepta" (nominación ós Grammy latinos no apartado de mellor disco de músicas tradicionais 2001). "10.0" (nomeado mellor disco de World Music do 1º trimestre do ano 2007). Dende o ano 1997 a 2007 exerceu como mestre de Zanfona no Conservatorio Tradicional da "Escola de Artes e Oficios de Vigo". Director da sección de Zanfona da Orquestra Folk Sondeseu.
Alfonso Franco mestre de Violín do Conservatorio de Música Tradicional da EMAO entre 1999 e 2007, conta cunha ampla traxectoria nos escenarios: membro dos grupos Tebra, Galerna, Bluerags e Castenda; músico do Centro Dramático Galego e da compañía Teatro Chévere; e colaborador de agrupacións e músicos como Milladoiro, Emilio Cao, Javier Álvarez, Highlanders, Siniestro Total, Rodrigo Romaní, Urbano Cabrera ou Malvela. Tamén ten investigado o papel do violín na música folk galega, publicado diversos artigos e impartido cursos e seminarios sobre este tema. Director da sección de violín da Orquestra Folk Sondeseu.
Xaquín Xesteira é compoñente de "Os Faíscas" de Solobeira e Treixadura Gaiteiros, cos que editou catro traballos discográficos (Obrigado,1996; Unha noite no muíño, 1999; Unha noite non é nada, 2003; Unha semaniña enteira, 2006). Colaborou cos grupos Milladoiro, Na Lúa, Fuxan os Ventos, Rodrigo Romaní e Malvela. Mestre de Gaita e percusión no Conservatorio de Música Tradicional da EMAO de Vigo desde 1996 ata 2007, tamén é patrono da Fundación Sondeseu e director das seccións de Gaita e Percusión da Orquestra do mesmo nome.
Francisco Javier Feijoó,