Escoitar
Administración de Tributos

Exposición pública do Imposto sobre actividades económicas ano 2008

Segundo a publicación no BOP núm. 86 de data 6 de maio de 2008, a matrícula do Imposto sobre actividades económicas correspondente ó ano 2008 estará en exposición pública entre os días 7 maio ata o 27 de maio en horario de 9 a 13.30 horas na oficina de Actividades Económicas e Industriais do Concello, a excepción dos sábados que se expoñerá no Rexistro Xeral.

venres, 9 mai 2008
As persoas interesadas poderán consultala e, de o consideraren, interpoñer recurso de reposición ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria de Vigo no prazo de 15 días ou ben reclamación económico-administrativa no mesmo prazo, que contara a partir do día inmediato seguinte ó de finalización do período de exposición, de conformidade co Real decreto 243/1995 de febreiro de 1995 polo que se ditan normas para a xestión do Imposto sobre actividades económicas e se regula a delegación de competencias en materia de xestión censal do dito imposto.