xoves, 15 mai 2008
Abel Caballero considera que o comercio é un dos sectores que máis acusa a ralentización económica, polo que solicitou da Xunta de Galicia a elaboración dun Plan específico que "focalice a súa atención" neste sector para paliar os efectos da desaceleración, en especial no pequeno comercio. <br />
O alcalde destacou o peso do comercio en Vigo na apertura dun novo supermercado na cidade.
xoves, 15 mai 2008
A cidade de Vigo estreou hoxe a súa nova sinalización turística. O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio e Turismo, Santi Domínguez, presentou a primeira fase do proxecto de sinalización turística da cidade, que ten como obxectivo "facilitar ás persoas que nos visitan toda a información que podan necesitar para desprazarse pola cidade, chegar aos lugares de interese ou poder interpretar o que están vendo. É un paso máis no plan de excelencia turística que temos en marcha", explicou o tenente de alcalde.
xoves, 15 mai 2008
O concelleiro de Cultura, Xesús López e o director do Marco, Iñaki López Antelo, presentaron hoxe xoves a programación especial que levará a cabo o Museo de Arte Contemporáneo os días 16,17 e 18 de maio con motivo do Día Internacional do Museos que este ano desenvolvese baixo o lema "Os museos como axentes do cambio social". No mesmo acto presentouse a programación do Marco para os meses de maio a agosto deste ano.
xoves, 15 mai 2008
O concelleiro de Cultura, o nacionalista Xesus López, salientou este xoves a reflexión sobre a alteración da paisaxe natural que caracteriza ao proxecto gañador das bolsas Feima- Fundación Laxeiro á creación artística. O proxecto da artista Belén Uriel, titulado "Full View", pode visitarse dende mañá, 16 de maio, ata o 7 de setembro na propia Fundación Laxeiro.
xoves, 15 mai 2008
A Corporación Municipal de Vigo reuniuse na praza do Concello para gardar un minuto de silencio en repulsa a ETA polo último atentado en Legutiano, que acabou coa vida do garda civil Juan Manuel Piñuel Villalón e causou feridas a outras catro persoas.
xoves, 15 mai 2008
As pistas de atletismo de Balaídos acollen este domingo unha proba das semifinais de primeira división nacional do Campionato de España na que se medirán os equipos do R.C. Celta, Caja de Jaen, A.A.Catalunya e Oviedo Atletismo.