O alcalde insta á Xunta a atallar os efectos da desaceleración económica no comercio
Abel Caballero considera que o comercio é un dos sectores que máis acusa a ralentización económica, polo que solicitou da Xunta de Galicia a elaboración dun Plan específico que "focalice a súa atención" neste sector para paliar os efectos da desaceleración, en especial no pequeno comercio. <br /> O alcalde destacou o peso do comercio en Vigo na apertura dun novo supermercado na cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aproveitou a apertura dun novo centro da cadea de supermercados Mercadona en Vigo para subliñar a importancia do comercio na cidade e instar á Xunta de Galicia a "focalizar a súa atención" nun dos sectores que máis acusa os períodos de desaceleración económica.
O rexedor municipal pediu ao organismo autonómico a elaboración dun Plan específico para o sector, e ilustrou a súa petición poñendo de releve o peso do comercio na cidade. Abel Caballero salientou que Vigo ocupa "o primeiro posto en Galicia" no índice comercial -o indicador que mide a importancia da actividade para a cidade-, na súa área comercial -que agrupa a 1.100.000 persoas-, na súa superficie total -de 670.000 metros cadrados- e no número de grandes superficies ubicadas no termo municipal.
A transcendencia do sector precisa, asegurou o alcalde, que a Xunta o "atenda de cerca", "en especial ao pequeno comercio".
Símbolo do urbanismo vigués
A apertura do novo centro de Mercadona na rúa Aragón constitúe para o alcalde un exemplo de actuación para o urbanismo desta cidade. O rexedor salientou a "seriedade da empresa", quen cumpriu coa legalidade ao agardar durante dous meses pola licenza de apertura pertinente.