O alcalde asegura que a lei autonómica do solo "ratifica" a política de vivenda do Goberno Local
Abel Caballero valorou este mércores a nova Lei Autonómica do Solo, impulsada pola Consellaría de Política Territorial, que contempla para as grandes cidades unha reserva do solo do 40% para vivenda con algún tipo de protección. O alcalde afirma que, coa incorporación no novo Plan Xeral do 43% de VPO, Vigo está "á vangarda do urbanismo moderno en España".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou a Lei Autonómica do Solo da Consellaría de Política Territorial de "extraordinariamente importante", xa que "ratifica" a política do goberno local en materia de vivenda.
A Lei obriga á reserva do 40% do solo das grandes cidades para vivenda con algún tipo de protección, mentres que en Vigo o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal contempla o 43% de reserva para vivenda de protección oficial. O alcalde define esta Lei como "a ratificación da extraordinaria decisión que tomamos", en referencia ao incremento da porcentaxe de vivenda protexida aplicado ao PXOM vigués fai seis meses, pasando do 22% inicial ao 43% actual.
O alcalde saudou "con entusiasmo" a Lei, e asegura que Vigo se adiantou á mesma "situándonos á vangarda de España en urbanismo moderno", coas "62.000 vivendas de protección" do novo PXOM ás que poderán acceder "o 85% dos vigueses".