Máis de mil persoas participan xa no Programa de avellentamento activo da Concellería de Benestar Social
<br /> "Mellorar a calidade de vida das persoas maiores" é, segundo salientaron o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, o obxectivo principal do Programa de avellentamento activo que desenvolve este departamento. Nesta iniciativa, que se leva a cabo en seis asociacións de veciños, na Cruz Vermella, na Escola Municipal de Danza e no Pavillón Municipal de As Travesas, participan xa máis de mil persoas.
Santi Domínguez subliñou que dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social "temos o obxectivo fundamental de traballar para a xente, que é o mesmo que traballar para mellorar a calidade de vida das persoas". Na presentación do programa, que tivo lugar tras un obradoiro de memoria no Centro Cívico do Casco Vello, o tenente de alcalde asegurou que "estou seguro de que non queredes vivir nunha residencia nin ir a un centro de día, senón que preferides que vos ofrezamos actividades para mellorar a vosa calidade de vida e ser máis felices".
"Nalgunhas etapas, os servizos sociais do Concello de Vigo só servían para atender as necesidades máis básicas das persoas, e que o fagan está ben, pero tamén teñen que servir para que a cidadanía viva mellor", salientou Santi Domínguez, quen aproveitou a súa intervención para felicitar o traballo desempeñado pola concelleira nacionalista María Méndez. Ademais, lembrou que esta liña de traballo tamén se está a desenvolver dende a Vicepresidencia da Xunta de Galiza.
María Méndez, pola súa banda, explicou que ao chegar ao Goberno municipal, os concelleiros do BNG decatáronse de que se estaban a desenvolver cursos de dous ou tres meses e moi centralizados no centro da cidade, "pero que a xente dos barrios e das parroquias non contaban cunha programación na que poder participar", sinalou. "Dende a Concellería de Benestar Social viuse a necesidade de acadar dous obxectivos: desenvolver unha programación estable durante todo o ano e chegar ás parroquias", salientou a concelleira nacionalista. De feito, a programación presentada hoxe desenvólvese ata o mes de decembro tanto no Casco Vello, Cruz Vermella e a Escola Municipal de Danza, como no pavillón de As Travesas, e as asociacións de veciños de Candeán, Monte da Mina, Valladares, Coruxo e San Miguel de Oia, onde teñen lugar ata un total de catorce actividades, dende obradoiros de memoria ata musicoterapia, ximnasia, baile ou natación.
A concelleira de Benestar Social anunciou que a partir de setembro novas asociacións se unirán á proposta, de xeito que aumentarán o número de actividades programadas, centradas especialmente no eido cultural. Así, ofertaranse viaxes, visitas a museos, ao cine e ao teatro. "Os poderes públicos temos a obriga de desenvolver as medidas oportunas que permitan á cidadanía gozar dos máximos niveis de benestar a través duns servizos sociais públicos de calidade", subliñou.
María Méndez salientou que o envellecemento "é algo natural e inevitable, e precisamente por iso, non pode ser sinónimo de inactividade, pasividade ou illamento", polo que considera que é necesario "converter aos nosos maiores en protagonistas activos desta etapa da súa vida, establecendo as condicións precisas que garantan o seu benestar, a súa autonomía e a súa capacidade de decisión, que fagan posible prolongar ao máximo a súa permanencia nas actividades habituais da nosa sociedade".
O Programa de avellentamento activo, segundo explicou a edil do BNG, ten os obxectivos de potenciar unha vellez saudable, dinámica, activa e solidaria co resto das xeracións, e fomentar a autorrealización persoal; garantir os coidados, recursos e asistencia precisos, especialmente daquelas persoas que pola súa dependencia se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade; establecer recursos de apoio comunitario, incidindo fundamentalmente en todas as medidas que reforcen o envellecemento no propio fogar, e o apoio ás familias coidadoras; recuperar o protagonismo e a utilidade social das persoas maiores a través do fomento do asociacionismo e das relacións interxeneracionais.
Descargar todas as imaxes