Escoitar

O Goberno Local inicia a contratación do servizo de salvamento e socorrismo nos areais de Vigo

O obxectivo do goberno, segundo informou o alcalde de Vigo, é "obter ao menos as mesmas bandeiras azuis que o pasado ano", para o que a Xunta do Goberno Local procedeu este venres ao inicio da contratación polo procedemento de urxencia. Ademais, o executivo deu o visto bó á contratación da asistencia técnica para a elaboración de estudos de mobilidade á Universidade e ao Parque Tecnolóxico.

venres, 23 mai 2008
1211548900socorrista.jpg
A Xunta de Goberno Local, adiantada a este venres por celebrarse este luns Pleno da Corporación, aprobou iniciar o expediente para a contratación do servizo de salvamento e socorrismo nos areais de Vigo, proceso tramitado pola vía de urxencia.

Segundo informou o alcalde en comparecencia de prensa, o obxectivo do goberno local é "obter ao menos as mesmas bandeiras azuis que o ano pasado", para o que se activa este procedemento. A prestación dos servizos de vixilancia en zonas de baño e de socorrismo son imprescindibles para a obtención de bandeiras azuis nos areais do Concello.

As praias que recibirán estes servizos e que optarán ás distincións son o areal da Punta Teis, o de Tombo do Gato (Alcabre), o areal de Argazada (Alcabre), o de Fontaíña (Coruxo), o do Vao, o de Canido e oa real de Rodas, nas Illas Cíes.

Estudos de mobilidade
A Xunta de Goberno aprobou asemade a contratación da asistencia técnica para a redacción de dous estudos de mobilidade á Universidade e ao Parque Tecnolóxico de Beade-Valladares. Os traballos analizarán o servizo público de transporte a ambos lugares, co obxectivo de melloralo.
Descargar todas as imaxes