Ordenanza de axudas para os propietarios que carezan de recursos suficientes para realizar a ITE
O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do 25 de febreiro de 2008, acordou aprobar inicialmente a ordenanza municipal das subvencións para a realización da inspección técnica das edificacións do Concello de Vigo, cuxo texto íntegro se transcribe ao final deste acordo (expte. 373/428) e abrir un trámite de información pública polo prazo de 30 días hábiles mediante publicación de anuncio no BOP de Pontevedra en un diario dos de maior difusión na provincia. O anuncio de aprobación inicial publicouse no Faro de Vigo do 13 de marzo de 2008 e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, número 60 do 28 de marzo de 2008, data na que se iniciou o trámite de información pública polo prazo de 30 días, que rematou o 3 de mayo de 2008. Non foi presentada ningunha alegación ao expediente.
Por todo o exposto, o Delegado de Urbanismo e Vivenda do Concello de Vigo, con data 19 de maio de 2008, resolveu:
1. Entender aprobada definitivamente a ordenanza de axudas aos propietarios que carezan de recursos suficientes para a realización da inspección técnica de edificacións (expte. 373/428). A tal efecto tomarase como data de aprobación definitiva a da aprobación inicial, é dicir, o 25 de febreiro de 2008.
2. Aprobar a convocatoria das axudas aos propietarios que carezan de recursos suficientes para a realización da inspección técnica de edificacións, coas seguintes especificacións:
- Para o exercicio 2008 o Concello de Vigo poderá conceder até un máximo de 12.000,00 euros con cargo á partida 4320.4890000 do presuposto da Xerencia Municipal de Urbanismo.
- Os requisitos dos beneficiarios están especificados no apartado 2 da base primeira da ordenanza que se publica xunto con esta convocatoria.
- As solicitudes deberán achegarse segundo o modelo previsto no anexo I da ordenanza xunto coa documentación requirida na base segunda. Poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou da Xerencia Municipal de Urbanismo ou por calquera outro medio previsto no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- Prazo de presentación: tres meses a partir da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
3. Ordenar a publicación do contido íntegro desta Resolución, así como do texto definitivo da citada Ordenanza no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Concello de Vigo, www.vigo.org.
4. Ordenar a publicación do anuncio da convocatoria tamén en dous dos xornais de maior difusión na provincia.