Exposición sobre os cesteiros na Ría de Vigo
A Casa Galega da Cultura acolle desde o luns, día 2 de xuño e ata o 29 do mesmo mes, a mostra "Terra e Mar. Cesteiros na Ría de Vigo" que organiza o CAT, Centro de Artesanía Tradicional, equipamento dependente da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo. A exposición plantea catro elementos cos que se xoga en cada unha das esceas: os usos para labores mariñeiras ou agrícolas dos cestos e o tipo de material, ben sexa bimbio ou madeira. A mostra realizase en colaboración coa Concellería de Cultura e Animación Sociocultural, Museo do Mar de Galicia, o Consorcio do Casco Vello, e o Instituo Camoes.
TERRA E MAR quere reflectir a riqueza do oficio reflectindo os seus usos en grandes esceas da vida cotiá. Os obxectos, que onte foron meros reflexos dos seus usos, convertíronse co paso do tempo en iconos de pretéritas formas de vida e testemuña do acervo cultural.
Facer lembranza do noso pasado rural e mariñeiro a través da actividade cesteira e outro dos obxectivos destaprodución, rendindo unha pequena homenaxe aos cesteiros da Ría de Vigo para poñer en valor o seu carácter secular, amosándolle a cidadanía uns obxectos que hoxe, pola súas características e historia, forman parte do noso patrimonio cultural ao igual que un edificio ou un xacemento arqueolóxico.
A exposición plantea catro elementos cos que se xoga en cada unha das esceas: os usos para labores mariñeiras ou agrícolas dos cestos e o tipo de material, ben sexa bimbio ou madeira.
Trátase de atraer ao expectador á realidade de hai un século, chamando a atención sobre os diferentes puntos nos que se vai desenvolver a actividade: a propia sala de exposicións, que fai chamadas ao público da plaza mediante guiños na montaxe expositiva, a artesanía viva na rúa cesteiros e as demostracións no Instituto Camoes.
Con ese criterio de traballo, o Concello de Vigo a través do CAT está a tomar inciativas dende 1999 orientadas a recuperar, conservar e divulgar este oficio que tivo na nosa cidade moitisima relevancia ata a década dos 60 do século pasado.
A exposición estará aberta ao público do 3 ao 29 de xuño en horario de 18:00 a 21:30h de luns a venres, os sábados de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:30h, domingos e festivos de 11:00 a 14:00h.
A CESTERÍA TRADICIONAL DE GALICIA
Falar de cestería en Galicia é falar de diversidade, manifestada tanto nas materiais primas empregadas como nas formas dos cestos tecidos.
Os alicerces sobre os que se teceu esta cestería foron, por un lado, unha paisaxe caracterizada pola súa densa e variada cuberta vexetal; e por outro, a especial estrutura territorial e económica, cunha poboación moi dispersa que vivía dos propios recursos que xeraba. O resultado foi o desenvolvemento dun país de marcado carácter rural e mariñeiro até ben entrado o século XX.
Se a esa dualidade terra-mar lle engadimos o factor tempo, temos a cestería tradicional galega que, ao igual que outros oficios hoxe case esquecidos, resolveu durante séculos moitas das necesidades do quefacer diario dos galegos.
Os cesteiros da Ría de Vigo
Ese pasado rural e mariñeiro foi moi evidente na nosa cidade ata hai uns anos, e ese pasado é o que quere amosar esta exposición a través dunha selección de trinta pezas tecidas en madeira e vimbio á beira da ría polos nosos cesteiros e canastreiros, os dous colectivos artesáns que durante séculos surtiron a toda a comarca de Vigo de cestos para diferente uso no campo e o mar.
Cesteiros: O tecido do vimbio
Ao redor de 1905, instaláronse na antiga rúa da Amargura do Casco Vello un grupo de cesteiros procedentes na súa maioría de Serra da Estrela (Portugal).
En poucos anos, a rúa (hoxe Cesteiros) converteuse nun dos centros de produción de cestería máis importantes de Galicia, con oito obradoiros abertos ata mediados dos anos setenta do século pasado no que traballaban ao redor de vinte cesteiros.
O vimbio era a súa especialidade, e do seu traballo xurdiron pezas que formaron parte da paisaxe urbana da cidade ata hai uns anos na que se garda o saber tradicional de tres xeracións, e da que hoxe podemos apreciar nesta mostra as pezas más emblemáticas da súa actividade.
Canastreiros: O traballo da madeira fendida
Os artesáns especializados no traballo da madeira rachada eran coñecidos polos cesteiros do Casco Vello como canastreiros.
Localizados nun núcleo que agrupaba as parroquias de Candeán e Cabral en Vigo, e as de Cabeiro e San Esteban de Negros en Redondela, extraían láminas de troncos de castiñeiro, carballo ou salgueiro para facer pezas de uso no campo e o mar.
A cesta máis emblemática realizada polos canastreiros foi a patela, peza característica das Rías Baixas e case exclusiva nas actividades portuarias para transporte e exposición de peixe, ata que a mediados de 1960, comezou a ser substituída por recipientes de plástico.
ACTIVIDADES PARALELAS
Visita guiada á exposición e demostración no Camoes
Dirixido a escolares de Primaria e Secundaria, previa concertaciónun cesteiro do CAT lles amosará ao alumnado a actividade cesteira na nosa cidade, utilizando recursos educativos no que a unidade didáctica xogará un papel fundamental xunto cunha demostración en vivo do antigo oficio de cesteiro con dous artesáns todavía en activo.
Datas: 3, 5, 10, 12, 17 de xuño
Horario: 1ª quenda de 09:45 a 11:30 h
2ª quenda de 11:45 a 13:30 h
Obradoiro de cestería tradicional no Camoes
En colaboración co Instituto Camoes, escolares de 5ª e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO, previa concertación, realizarán co único cesteiro en activo da cidade un obradoiro no que crearán os seus propios cestos utilizando as ancestrais técnicas do oficio.
Día: 19 de xuño
Horario: de 10:30 a 13:00 h
Lugar: Instituto Camoes
Cestería na rúa. Demostración en vivo do oficio de cesteiro
Con esta actividade mostrarase mediante demostracións en vivo na rúa o oficio de cesteiro, co obxectivo de que a cidadanía coñeza de primeira man as técnicas, ferramentas e materias primas desta actividade artesán.
21de xuño: Demostración de cesteria de vimbio
21 de xuño: Demostración de cesteria de madeira rachada
Horario: de 18:30 a 21:00 h
Lugar: Praza da Constitución
Obradoiro para familias: Coas mans nos cestos
Obradoiro de cestería tradicional dirixido para nenos/as de 7 a 14 anos que acompañados dun familiar traballaran con 4 cesteiros da cidade as antigas técnicas deste oficio artesanal.
O actividade se iniciará na Casa Galega da Cultura (Praza da Constitución) as 11:30 h, onde comezará o obradoiro cunha visita á exposición Terra e Mar. Cesteiros na Ría de Vigo. Posteriormente os participantes se dirixirán cara á fortaleza de San Sebastián, na que, coas súas mans, farán o seu propio cesto coa técnica dos antigos cesteiros de Vigo.
Lugar: Casa Galega da Cultura-Fortaleza de San Sebastián
Días e horario: 7 e 21 de xuño de 11:30 a 14:00h
Nº máximo de participantes: 40 persoas
Concertación dos grupos: de luns a venres de 10:00 a 14:00 h ata cubrir prazas / Tél 986220758
Descargar todas as imaxes