Iníciase a venda de entradas para o Festival Imaxinasons 2008
Desde o luns2 de xuño póñense á venda as entradas individuais para os concertos que se han celebrar no Centro Cultural Caixanova e no Auditorio do Concello dentro do festival IMAXINA SONS’08 que se celebrará do 26 de xuño ao 6 de xullo.
No Centro Cultural Caixanova actuarán os seguintes artistas:
26 de xuño: CLUNIA 25 ANIVERSARIO + Artista Invitado Matthew Simon
29 de xuño: WAYNE SHORTER QUARTET
6 de xullo: ATOMIC/ SCHOOL DAYS – Ken Vandermark
Prezo das entradas: 12 € butaca, 11 € 1ª anf., 10 € 2º anf., e 9 € 3º anf.
Despacho por internet ou no Tfno 902 504 500
No Auditorio Municipal (Praza do Rei) serán:
3 de xullo: STEFANO BOLLANI "I VISIONARI"
4 de xullo: BARRY GUY NEW ORCHESTRA
5 de xullo: MARKUS STOCKHAUSEN e STEFANO SCODANIBBIO "SOPRA LE
NUVOLE"
6 de xullo: JAVIER VERCHER SEXTET
Prezo das entradas: 3 €.
Por outra parte, as entradas para os concertos solistas que terán lugar no MARCO poderanse retirar na taquilla do museo o mesmo día dos concertos:
30 de xuño: AMERICO RODRIGUES (improvisación vocal)
1 de xullo: ANTONIO BRAVO (guitarra) 2 de xullo: BARRY GUY (contrabaixo)
Prezo das entradas: 2 €.
O resto das actuacións previstas no Auditorio "Martín Códax" do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e na Praza do Rei, así como as actuacións nos pubs serán de balde.
O trompetista Matthew Lee Simon, artista invitado no concerto Clunia
O trompetista Matthew Lee Simon (Long Beach – California) será o artista invitado para o concerto "Clunia 25 Aniversario" que terá lugar o xoves 26 de xuño no Centro Cultural Caixanova como concerto inaugural do festival "Imaxina Sons’08".
Matthew reside en España desde 1975, e ten participado en múltiples proxectos xunto a músicos claves na historia do jazz nacional e internacional. No ámbito internacional ten colaborado con Bebo Valdés, Natalie Cole, Dave Liebman, John Abercrombie, Michel Camilo, Louis Bellson, Al Cohn, Bobby Shew ou Slide Hampton. Participou co mítico grupo cubano "La Buena Vista Social Club", con Ibrahim Ferrer, actuando por todo Estados Unidos e tamén en Europa.
No panorama nacional realizou colaboracións con Música Urbana, Transatlántic, Joan Albert Amargós, Tete Montoliu, Iñaki Salvador, Carles Benevent, Lluís Vidal, Perdico Sambeat, Chano Domínguez, Manel Camp, Jorge Pardo ou Horacio Fumero.
Matthew Lee Simon é tamén un músico moi solicitado na escea pop, onde ten colaborado con Ana Belén, Víctor Manuel, Joan Manuel Serrat, Miguel Ríos, Jarabe de Palo. Ademais de lidera-lo seu propio cuarteto, e formar parte do quinteto de jazz que acompaña á cantante Martirio, tamén é profesor de trompeta, improvisación e combos na Escuela Superior de Música de Catalunya e no Conservatorio Superior del Liceo de Barcelona.
Descargar todas as imaxes