martes, 3 xuñ 2008
"Apoiar o pequeno e mediano comercio vigués, eixo fundamental na creación de emprego", é un dos principais obxectivos dun novo programa de dinamización que dende o vindeiro 9 de xuño se desenvolverá en sete zonas comerciais da cidade, segundo salientou este martes o tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Industria e Turismo, Santi Domínguez. Así, cunha duración dunha semana por zona, o punto de partida da campaña "Festa do Comercio" será O Calvario, para pasar posteriormente a Teis, As Travesas, Bouzas, Centro, Vigo Vello e rematará na rúa do Príncipe a finais de ano.
martes, 3 xuñ 2008
Cada día, 6 vigueses fanse doantes de órganos e xa se contan en Vigo con entre 12.000 e 15.000 propietarios do carné de doante. O alcalde, Abel Caballero, o Presidente de ADROVI, Celso García, e o coordinador de transplantes do CHUVI, o Doutor González agradeceron aos vigueses a súa xenerosidade por mor do Día Internacional do Doante que se celebrá mañá mércores.
martes, 3 xuñ 2008
O alcalde de Vigo e o concelleiro de Transporte e Mobilidade presentaron un novo vehículo para a loita contra o lume, especialmente preparado para actuar nos montes, cun coste de 219.000 euros. A nova dotación contempla unha bomba forestal pesada para a protección do propio vehículo e o brazo articulado de rescate en altura.
martes, 3 xuñ 2008
En conmemoración do centenario do pasamento do escritor de Celanova, o Concello de Vigo, a través da Alcaldía e do Concellería de Educación, renderá homenaxe a Curros Enriquez coa celebración o próximo xoves 5 de xuño dun recital no que participarán as Escolas de Danza Municipais de Música, Danza e Teatro.
martes, 3 xuñ 2008
"Na liña dos museos de todo o mundo de programar nas súas instalacións actividades nocturnas, o museo Quiñones de León acollerá dende o venres 13 de xuño o espectáculo teatral interactivo "Noites negras en Castrelos", segundo anunciou este martes a concelleira de Patrimonio Histórico, a nacionalista Elena Maure. Fronte ás noites brancas habituais doutros museos as noites negras consistirán en cinco espectáculos nos que se realizará unha visita guiada ao pazo e os seus xardíns durante a noite, de arredor dunha hora e media de duración, un venres de cada mes, entre xuño e outubro deste ano.