Escoitar

Homenaxe a Curros Enriquez cun recital poético musical<br />

En conmemoración do centenario do pasamento do escritor de Celanova, o Concello de Vigo renderá homenaxe a Curros Enriquez coa celebración o dun recital poético-musical que se celebrará o xoves 5 de xuño ás 19 horas no auditorio do Caixanova.

mércores, 4 xuñ 2008
1212573485curros1.jpg
O programa de actos contará coas actuacións da orquestra da Escola Municipal de Danza, do alumnado da Escola Municipal de Teatro e da Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional. Tamén contará coa participación da soprano Beatriz Riobó e o profesor de arpa Rodrigo Romaní.

Programa de actos

Actuación da orquestra da Escola Municipal de Música que interpretarán:
-La cantata BMW 140 de J.S.Bach
-Segundo movemento Sinfonía nº1 de Mahler
-The King of Fairies, tradicional irlandesa

Actuación do alumnado da Escola Municipal de Teatro:
-Dramatización do poema "No xardín"
-Recital poético "O Maio", "Ai" e "Crebar as Liras"
-Música de David Farrapeira e Adrián Ramos, clarinetistas da Escola Municipal de Música

Actuación da soprano Beatriz Riobó acompañada ao piano de Cándido Cabaleiro, profesor da Escola Municipal de Música
-"Os teus ollos" melodía galega sobre o poema de Curros Enriquez
-"Unha noite na eira do trigo", cantiga dun poema de Curros Enriquez

Actuación da Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional
-Grupo "O Tarabelo" interpreta "Muiñeira Vella" e "Muiñeira de Suita"
-Grupo de gaitas interpreta "Rumba de Santa Fe"
-Grupo "os Petiscos" interpreta "Xota" e "Fandango Muradan"

Actuación do profesor de arpa Rodrigo Romaní
- Interpreta "Torres do Ar" (R. Romaní); Vals de Brea. Ahí ven o maio" (Curros Enriquez-L.E.Batallán)

Descargar todas as imaxes