Escoitar

María Méndez defende a integración profesional das persoas con discapacidade

A concelleira de Benestar Social, a María Méndez, expresou este martes a súa aposta pola integración profesional das persoas con discapacidades durante a visita que realizou á nova edición da campaña "De boa man". "Esta iniciativa é unha forma de facer que a diversidade sexa visible na ría", subliñou a edil do BNG, quen animou á cidadanía a achegarse ata a rúa do Príncipe, onde está ubicada a mostra, para coñecer o produto do traballo das persoas usuarias de oito centros de discapacidade da cidade.

mércores, 4 xuñ 2008
1212585763deboaman.jpg
A campaña "De boa man", na que participan entidades como Cogami, Doa, Menela, San Rafael, Alento, Apamp, Aspanaex e Aspavi, ten como obxectivo fundamental "dar a coñecer os artigos de artesanía realizados polas persoas usuarias destas asociacións", explicoou a concelleira de Benestar Social. Ademais, os diferentes produtos, como os eleborados en cerámica ou coiro, xoguetes, cadros ou bisutería poden mercarse ata o venres, nunha carpa ubicada na rúa Príncipe, esquina Velázquez Moreno que será atendida en horario ininterrumpido de 10.00 a 20.00 horas.

"O apoio a esta iniciativa, que xa alcanza a edición número trece, é unha mostra máis do traballo que se está a levar a cabo dende a Concellería de Benestar Social, en canto que temos como obxectivo a mellora da calidade de vida da cidadanía", salientou a nacionalista María Méndez.
Descargar todas as imaxes