Comezan as actividades do festival de jazz "Imaxina Sons 2008" con actuacións na rúa
A sección "Imaxina na Rúa" do festival de jazz "Imaxina Sons 2008" ábrese esta fin de semana coa actuación do Septeto da ESMAE (Escola Superior de Música e as Artes do Espectáculo) de Oporto, que fará catro "pases" o sábado 7 de maio na zona peonil do O Calvario ( 11:30 h), praza da Independencia (13:30 h), rúa do Príncipe (17:30 h) e Montero Ríos ( 19:30h).
O septeto da ESMAE é unha das formacións nas que participan músicos da Escola, formada nesta ocasión por:
Gonzalo Moreira – piano
Felipe Sequeira – batería
Inmaculada Galiote Martín - contrabaixo
Virxilio Aguin – guitarra
Diogo Picao – saxo tenor
Rui Bandeira – trombón
Joao Martins – saxo alto
A ESMAE ven sendo a escola de jazz máis prestixiosa do país veciño, aínda que na institución conviven cursos de música clásica, antiga e disciplinas asociadas ás artes escénicas (son, iluminación, dirección, etc.). Neste peculiar espazo de convivencia artística profesores e alumnos colaboran nalgunhas formacións que estenden unha visión enriquecedora da música, dentro e fora da ESMAE.
De feito, estas formacións forman parte da política de divulgación emprendida pola ESMAE desde a súa fundación no 1994, co obxectivo de promover un contacto directo e permanente dos músicos e o público. A este respecto, a ESMAE dispón de dous espazos destinados á esta actividade divulgativa: o Café Concerto e o Teatro Helena Sá Costa.
As diversas formacións coas que a ESMAE concorre a concursos, festivais ou concertos teñen deixado nos últimos tempos moi boas críticas e unha boa lista de premios.
O programa de "Imaxina na rúa" cotinúa o sábado 14 de xuño coa participación Escola de Estudos Musicais "A Tempo" de Pontevedra e o sábado 21 de xuño coa Escola Municipal de Música de A Coruña.
Descargar todas as imaxes