Igualdade pon en marcha unha rede de atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero integrada por tres pisos e un Centro de Emerxencia
Tres pisos e un Centro de Emerxencia son os servizos que integran a rede de atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero, segundo anunciou este luns a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso. Esta rede sustituirá á Casa de Acollida que ven funcionando dende hai 17 anos, de xeito que se ampliarán os servizos ofrecidos dende o ámbito municipal.
"Dende que se abríu a Casa de Acollida, hai 17 anos, as cuestións relacionadas coa violencia de xénero ten mudado moito", explicou a concelleira de Igualdade, quen subliñou a necesidade de que os servizos ofrecidos polo Concello nesta materia sexan acordes coas novas situacións. Neste sentido, Iolanda Veloso indicou que o actual funcionamento da Casa de Acollida é "pouco eficiente", por unha banda debido o alto custo do seu mantemento, que ascende a 325.000 euros anuais. Por outro lado, sinalou que a ineficacia do servizo vese agravado polo feito de que o número de mulleres atendidas descendeu significativamente nos últimos anos. "A isto se suma o feito de que hai mulleres con distintos problemas de violencia de xénero que non poden ser atendidas pola Casa de Acollida", engadíu. Así, prodúcese o paradoxo de que o número de mulleres ingresadas na Casa de Acollida é cada vez máis baixo pero aumentan.
A concelleira do BNG salientou que é preciso "realizar un novo análise da sociedade e ofrecer solucións á situación real na que se atopan as mulleres", e neste sentido lembrou que recentemente a Consellería de Vivenda cedeu ao Concello de Vigo tres vivendas destinadas ás mulleres vítimas da violencia de xénero. "Agora podemos mellorar os servixo municipal de atención ás mulleres, posto que contaremos tamén cun centro de emerxencia, o primeiro de Galicia", subliñou. Iolanda Veloso incidiu na ampliación dos servizos que se ofrecerán dende o Concello e explicou as diferenzas no funcionamento da Casa de Acollida e o Centro de Emerxencia.
Así para acudir á Casa de Acollida é preciso presentar a denuncia, mentres que para ingresar no Centro de Emerxencia este non é un requisito necesario, senón que a muller dispón de varios días para presentala. Outra diferenza refírese ao tempo de ingreso. Mentres que na Casa de Acollida pode acontecer que o ingreso dunha muller se alongue ata un ano, no Centro de Emerxencia preténdese que o ingreso sexa o máis breve posible. Ademais, a Casa de Acollida non contaba cos mecanismos adecuados para ateder a mulleres con determinadas enfermidades ou con adiccións, mentres que o novo centro, ubicado no mesmo edificio que a Casa de Acollida, si prestará este servizo.
"Queremos que as mulleres teñan a opción de saír desa situación, recuperando a súa autonomía, pero pensamos que o feito de que unha muller vítima da violencia de xénero estea ingresada un ano nunha Casa de Acollida non é a mellor opción", sinalou a concelleira de Igualdade. Porén, Iolanda Veloso salientou que a Casa de Acollida de Vigo é a mellor valorada das sete que existentes en Galiza, xunto coa de Coruña, "polo que temos que agradecer o traballo desenvolvido polos e polas profesionais durante estes anos".
A edil do Bng sinalou que dende Igualdade quérese transformar o servizo existente ata agora nunha rede completa que ten o obxectivo de "solucionar os problemas que sfren as mulleres vítimas da violencia de xénero". Así mesmo, indicou que un dos pisos que integran a rede xa está en funcionamento e lembrou o teléfono de atención 24 horas: 986 293 963.
Descargar todas as imaxes