martes, 10 xuñ 2008
O alcalde de Vigo e Presidente da Rede Española de Cidades polo Clima, Abel Caballero, recibiu este martes ao Presidente da Fundación Biosfera, Juan Verde, responsable en España do proxecto climático mundial de Al Gore. Tras o encontro, Abel Caballero informou que en "moi poucos días" se pecharán "accións conxuntas" na loita contra o cambio climático.
martes, 10 xuñ 2008
Dentro das actividades previas do festival Imaxina Sons’08 os días 11,12 e 13 de xuño terá lugar o ciclo de cine no que se proxectarán tres cintas onde a música de jazz é protagonista directa ou indirectamente. As sesións terán lugar ás 21 horas no Auditorio Municipal da praza do Rei, con entrada libre ata completar aforamento.
martes, 10 xuñ 2008
Vigo acolle a II Xira Galega Karting do 13 ao 29 no parquing da praia de Samil co obxectivo de potenciar os deportes de motor e cubrir unha crecente demanda deste tipo de actividad e que ven de presentar en rolda de prensa o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso.
martes, 10 xuñ 2008
O Instituto de Estudos Miñoranos presenta hoxe martes, ás 20.00 hs, no museo municipal "Quiñones de León" as súas publicacións de homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez. No acto participarán a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure e o director xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Felipe Arias Vilas
martes, 10 xuñ 2008
A partir do vindeiro mércores 11 de xuño o museo municipal de Vigo "Quiñones de León" ofrece visitas guiadas ao pazo-museo, froito de colaboración entre o museo municipal e a oficina municipal de voluntariado do Concello de Vigo.