Escoitar

Presentacion de libros de homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez no museo municipal "Quiñones de León"

O Instituto de Estudos Miñoranos presenta hoxe martes, ás 20.00 hs, no museo municipal "Quiñones de León" as súas publicacións de homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez. No acto participarán a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure e o director xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Felipe Arias Vilas

martes, 10 xuñ 2008
A presentación dos libros correrá a cargo do director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome Quinteiro e Eduardo Méndez Quintas, coordinador dos dous volumes.

A edición destas dúas publicacións é o resultado dun convenio entre a Dirección Xeral de Patrimonio e o Instituto de Estudos Miñoranos.

No primeiro volume "Escritos sobre arqueoloxía de Xosé María Álvarez Blázquez"recóllense catro textos de Álvarez Blázquez, publicados e algúns inéditos ata a data; así como diversos artigos publicados na prensa diaria e varios prólogos a libros de outros autores relacionados coa arqueoloxía.

No segundo "Estudos sobre Paleolítico"preséntase un conxunto de artigos que sintetizan o coñecemento actual sobre o Paleolítico peninsular, con achegas especiais como a do senlleiro xacemento de Olduvai.