María Méndez salienta a importancia de estender o Programa de Avellentamento Activo ás parroquias de Vigo<br />
A concelleira de Benestar Social, a María Méndez, salientou este mércores a importancia de estender o Programa de Avellantamento Activo ao "maior número posible de parroquias de Vigo". María Méndez así o subliñou no transcurso da visita que realizou á Asociacion de Veciños de Coruxo e a xuntanza que mantivo cos seus responsables, que se enmarca na rolda de visitas que a edil do BNG está a realizar nas distintas entidades que desenvolven o Programa de Avellentamento Activo posto en marcha pola Concellería de Benestar Social.
"O Programa de Avellentamento Activo ten o obxectivo de converter aos nosos maiores en protagonistas activos desta etapa da súa vida, establecendo as condicións precisas que garantan o seu benestar", indicou a concelleira de Benestar Social, quen sinalou que no programa participan xa máis de mil persoas. Neste sentido, María Méndez salientou durante a súa intervención a importancia de desenvolver iniciativas para as persoas maiores "manténdoas de forma estable durante todo o ano".
Segundo explicou a concelleira nacionalista, ata a chegada do BNG ao goberno municipal, os cursos de Benestar Social desenvolvíanse durante dous ou tres meses de forma "centralizada no centro da cidade, mentres que a xente dos barrios e das parroquias non contaba cunha programación na que poder participar", sinalou. "Dende a Concellería de Benestar Social viuse a necesidade de acadar dous obxectivos: desenvolver unha programación estable durante todo o ano e chegar ás parroquias", subliñou María Méndez. Así, a programación desenvolverase ata o mes de decembro no Casco Vello, Cruz Vermella, a Escola Municipal de Danza, no pavillón de As Travesas, e nas asociacións de veciños de Coruxo, Candeán, Monte da Mina, Valladares e San Miguel de Oia, onde teñen lugar ata un total de catorce actividades, dende obradoiros de memoria ata musicoterapia, ximnasia, baile ou natación.
Por outra banda, a concelleira de Benestar Social animou ás persoas participantes na programación que se desenvolve en Coruxo a participar na Festa dos Maiores que terá lugar o vindeiro sábado, 14 de xuño, no Carballiño, e explicou que para facilitar a asistencia haberá autobuses gratuítos a disposición das persoas interesadas.
Descargar todas as imaxes