Escoitar

8.000 persoas coñeceron o medio natural con "VIGO CAMIÑO A CAMIÑO"

Máis de 8.000 persoas participaron nas 11 rutas que incluía o programa de sendeirismo do Concello "Vigo camiño a camiño" que se celebrou desde o pasado 2 de marzo. A cifra deuna a concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago , nun acto de peche do programa, que tivo lugar onte mércores pola tarde , no que lembrou que con esta inicitiva o Concello deu a posibilidade de coñecer mellor o contorno natural da cidade ao mesmo tempo que aprender a respectar e coidar o patrimonio ecolóxico de Vigo.<br />

xoves, 12 xuñ 2008
1213271184caminocies.jpg
Participantes na ruta das Cíes
Chus Lago asegurou que "o obxectivo marcado pola Concellería de Medio Ambiente cando puxo en marcha o programa "Vigo camiño a camiño" está cumprido, logrouse a incorporación dos vigueses ao respecto e á conservación do medio natural vigues".

Ao longo de tres meses os vigueses puideron coñecer as características medioambientais do Río Eifonso, da Serra do Galiñeiro, da Madroa, do río Lagares. Fixeron rutas polo río Zamáns e pola Lagoa Mol, percorreron o litoral vigués e as Illas Cíes, o monte Alba e Chandebrito, o monte de A Guía e mesmo camiñaron ata o Monte Aloia. A derradeira ruta realizouse o pasado domingo, 8 de xuño,na que os cidadáns tiveron ocasión de camiñar, unha vez máis, polo arquipélago das Cíes, un ecosistema único en Galicia.

Rutadas estrelas

O 14 de marzo botou a andar a actividade "Vigo camiño ás estrelas", desde esa primeira ruta que levou a 150 vigueses ao Monte Alba para observar o ceo da cidade, celebráronse 12 rutas nocturnas. Máis de 600 vigueses puideron gozar desta actividade. Nalgunhasocasións, debido a que as condicións meteorolóxicas non permitían albiscar as estrelas os cidadáns inscritos nesta actividade desprazáronse ata a sala de conferencias de Vigozoopara contemplar o ceo en tempo real a través dunha pantalla e participar en breves charlas sobre o Universo. XoséChacón, presidente da asociación Galileo Galilei, a profesora da UVI, Ana Ulla e Luís FelipeMiranda, científico titular do Instituto Astronómico de Andalucía explicáronlles aos vigueses a estructura do sistema solar, a disposición das estrelas, o perfil dos planetas, a morte das estrelas e do propio sol e lles falaron da lúa, dos satélites artificiais e da importancia da astronomíano pasado e no presente.

Obradoirosmedioambientais

Desdefebreiro ata o mes de abril organizáronse obradoiros medioambientais. Todos os sábados, 8 monitores, explicaron as características da fauna e da flora dos ecosistemas que hai na cidade e axudaron a máis de 600 nenos, de entre 3 a 12 anos, a facer obxectos con material de refugallo e reciclaxe

Un proxecto conxunto

ChusLago, recordou que o obxectivo da área de Medio Ambiente do Concello de Vigo é protexer e conservar o medio natural da cidade, tanto do seu contorno rural como do medio urbano; fomentar o desenvolvemento sostible e garantir unha axeitada calidade de vida para todos os cidadáns e por ese motivo, "Vigo camiño a camiño" volverá a camiñar no mes de setembro.

A concelleira aproveitou a ocasión para darlle as grazasa todos os que dalgún xeito contribuíron ao éxito do programa: Vitrasa, o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, a asociación Astronómica de Vigo, a Asociación de Oceanógrafos de Galicia, a Universidade de Vigo, a Sociedade para o Estudo e Conservación do Patrimonio Natural e Etnográfico, os biólogos, os astrónomos... e a todos os vigueses xa que sen eles "Vigo camiño a camiño" non tería sido posible.
Descargar todas as imaxes