Escoitar

O Concello organiza rutas en veleiro pola ría

A Concellería de Medio Ambiente programa rutas en veleiros que se celebrarán os días 21, 22 e 28 de xuño. As persoas interesadas poden inscribirse ata o martes día 17 de xuño no 010. "Vigo camiño a camiño" daralle aos cidadáns, a oportunidade de coñecer a bordo dun veleiro a riqueza do medio mariño de Vigo, as artes tradicionais de pesca e mesmo mergullarse nas augas do Atlántico.

venres, 13 xuñ 2008
1213361584velerocies.jpg
O mércores, 18 de xuño celebrarase, ante un notario, un sorteo das 120 prazas dispoñibles entre todos os vigueses inscritos. A Concellería porase en contacto cos gañadores para comunicarlles a data na que realizarán a actividade.

"Vigo camiño a camiño" daralle aos cidadáns, a oportunidade de coñecer a bordo dun veleiro a riqueza do medio mariño de Vigo, as artes tradicionais de pesca e mesmo mergullarse nas augas do Atlántico. Nestas viaxes estarán acompañados por biólogos.

A Concellería quere recordar que o domingo, 15 de xuño, poderán gozar desta actividade os vigueses que completaron todo o programa "Vigo camiño a camiño" e que non tiveron a oportunidade de realizar ningunha ruta polas Illas Cíes por non ter praza. Nesta saída tamén participarán o persoal do 010 e membros da Concellería de Medio Ambiente, como mostra de agradecemento polo traballo desenvolvido desde que se puxo en marcha o programa "Vigo camiño a camiño".

Ás 11 da mañá realizarase o embarque e as 11.30 partira o veleiro, o regreso está previsto sobre as 18.30 horas. O punto de encontro establecerase na Piscina do Clube Náutico de Vigo.
Descargar todas as imaxes