Escoitar

Máis de 1.600 persoas participarán o sábado no Día da Muiñeira que se celebrará na Praza de Compostela<br />

O Día da Muiñeira, que este ano cumpre a súa 38 edición e se celebrará o sábado, 14 de xuño xunto ao Ensalzamento do Traxe Galego, contará coa participación de máis de 1.600 persoas.A convocatoria deste ano presenta tamén como novidade o cambio de ubicación, xa que a concentración terá lugar ás 18 horas na praza do Rei e o festival celebrarase na Praza de Compostela.

venres, 13 xuñ 2008
1213360161muinaira.jpg
O Día da Muiñeira iniciarase ás 10.30 horas cunha mostra de artesáns e unha romaría gastronómica e posteriormente terán lugar diversas actuacións. Así, ás 11 horas actuará o grupo tradicional de gaitas da asociación folclórica Andarela; ás 12 horas está previsto o concerto da banda de música Delicias de Caeiro de Cabral; ás 17 horas actuará abanda de música de Valladares; ás 18.10 horas terá lugar a actuación do grupo de percusión Cascarexo da Escola Municipal de Danza; ás 18.30 horas o concerto correrá a cargo da agrupación portuguesa Grupo Etnográfico de Areosa.

A concentración das 170 agrupacións participantes no festival, procedentes de diversas localidades das provincias de Pontevedra e A Coruña como Moaña, Ponteareas, Salceda, Gondomar e Ribeira, terá lugar na praza do Rei ás 18 horas e formarán parte do pasarrúas que dende as 19 horas percorrerá Progreso, Eduardo Iglesias, Príncipe e Velázquez Moreno ata chegar á praza de Compostela, onde se celebrará o festival, que rematará ás 21.30 horas.

O mesmo día, 14 de xuño, celebrarase tamén a novena edición do Ensazamento do Traxe Galego, que terá lugar a partir das 17.30 horas no auditorio do Concello. Nel xa está confirmada a participación de 26 traxes, que competirán nas categorías de Traxe Antigo, Traxe Decotío, Traxe Moderno e Premio Especial. Ao remate do concurso, os participantes concentranse ás 18.30 horas na praza do Rei para desfilar xunto as agrupacións participantes no Festival da Muiñeira.

O Día da Muiñeira está organizado pola Escola Municipal de Danza, dependente da Concellería de Cultura e patrocinado polo Corte Inglés.


CORTES DE TRÁFICO

"Co gallo do Día da Muiñeira 2008, que terá lugar o día 14 de xuño a partir das 11,00 horas na praza de Compostela, adoptaranse as seguintes medidas de tráfico:

1º Quedarán pechadas o tráfico, dende as 18,00 horas, as rúas: Areal (o tramo que vai dende Colón ata República Argentina), A Praza de Compostela, García Olloqui e Concepción Areal.

2º Os vehículos que circulen pola rúa Areal serán desviados a súa chegada a rotonda polo túnel de Beiramar. Os que circulen procedentes de Bouzas por Beiramar, teñen como alternativa subir pola rúa Gaiteiro Portela, Torrecedeira, e Llorente a Pi y Margall."
Descargar todas as imaxes