Santi Domínguez subliña o carácter consolidado e alternativo do salón Galiexpo Motor Show
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este venres a consolidación do Galiexpo Motor Show como referente dos eventos do mundo do motor que se celebran en Vigo. Santi Domínguez subliñou ademais, no acto de inauguración do salón, que se celebra ata o vindeiro domingo 15 de xuño no Instituto Feiral de Vigo, que se trata dun dos grandes certames que se celebran no Ifevi ao longo do ano que acolle expositores de túning, turismos, automóbiles clásicos, todoterreos e motos con espectáculos e animación relacionados co mundo do motor.
"Galiexpo Motor Show é xa un salón consolidado na cidade e supón unha alternativa que reforza a proxección de Vigo no ámbito dos eventous relacionados coa automoción", explicou o tenente de alcalde. Neste sentido comentou a importancia de Vigo como "referente no mundo automovilístico", feito ao que contribúe non só a relevante presenza da factoría de Citroen, senón tamén a celebración doutros salóns no Instituto Feiral de Vigo como o Salón do Automóbil.
Santi Domínguez explicou que se trata dun salón "pensado para disfrutar o mundo do motor", posto que nel se poden disfrutar con espectaculares coches e motos que non se ven polas rúas, ben por ser de competición ou pola súa exclusividade. Esta edición contará coa presencia de cinco pilotos do campionato do mundo de rallys, exporá unha das coleccións máis exclusiva de vehículos clásicos da península, amosará os coches mellor tuneados de Europa e reunirá a maior concentración de Harley Davidson do noroeste peninsular, que estará amenizada por un festival de rock da man dos grupos Cornelius e Arponeros e cunha exhibición do piloto americano Craig Jones, campión do mundo de Stund Rider con Harley.
Un dos vehículos máis destacados de coches clásicos que se poderán ver en Galiexpo, será un Chrysler Presidencial do que se só construíron 17 exemplares en todo o mundo; perteneceu á presidencia de Portugal e utilizouse nos inicios dos anos 60. A exposición amosará ademais un Lancia Astura descapotable de 1937, modelo único no mundo utilizado pola aristocracia italiana dos anos trinta. Tamén estará exposto un Auburn Speedster de 1939, concibido polo debuxante de coches Gordon Buiering e que está considerado como un símbolo do modernismo Art Deco dos anos trinta. O domingo celebrarase a segunda edición do Rally Show, que contará coa presenza do italiano Miki Biasion bicampión mundial de rallys e o finlandés Marklu Alén aos que se unirán tres pilotos máis do Campionato do Mundo de Rallys.
Descargar todas as imaxes