A galescola da rúa Palencia entrará en funcionamento en setembro, no curso 2008/2009
A concelleira de Benestar Social, a nacionalista María Méndez, anunciou este luns que a galescola situada na rúa Palencia porase en marcha no mes de setembro, co inicio do curso 2008/2009. María Méndez así o asegurou tras a sinatura dun convenio co vicepresidencia da Xunta, Anxo Quintana, na que participaron un total de 24 concellos galegos.
"Nestes momentos, a galescola da rúa Palencia está en fase de contratación de persoal", indicou a concelleira de Benestar Social, quen explicou que as instalacións contarán con 41 prazas, que supoñen un custo anual de 221.400 euros, dos que o 70 por cento corre a cargo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o 30 por cento restante corresponde ao Concello de Vigo. María Méndez tamén sinalou que o propio Concello vigués participa na selección de persoal do centro, así como na de alumnado.
Respecto á galescola do Parque Tecnolóxico, que contará cun total de 41 unidades, a edil do BNG anunciou que esta semana se licitará o proxecto arquitectónico co obxectivo de que entre en funcionamento para o curso 2009/2010. Segundo María Méndez, coa sinatura destes acordos, nos vindeiros anos crearanse máis de 1.000 novas prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, o cal demostra o "bo funcionamento da colaboración entre a Vicepresidencia da Xunta e os concellos galegos". No que vai de lexislatura as prazas públicas en escolas infantís en Galiza teñen aumentado nun 64 por cento, ao pasar das 6.595 que se contabilizaban no verán de 2005 ás 10.806 que suman a día de hoxe. Este incremento supón pasar dunha taxa de cobertura do 11,3 por cento a un 17,4 por cento.
A través dos convenios asinados hoxe cos distintos municipios, un total de 24 novas escolas infantís pasan a forman parte da rede Galescola. Os novos centros, que suman un total de 1.185 prazas para a atención de nenos e nenas de 0 a 3 anos, entrarán en funcionamento no último cuadrimestre deste ano. Todas ellas están xa ou rematadas ou en proceso de finalización de obras. Ademais, xa está en marcha o proceso de dotación de equipamento e o procedemento de contratación de persoal, que suporá a incorporación dun total de 186 profesionais, entre educadores, mestres e persoal de servizos xerais. Deste xeito, o vindeiro curso funcionarán, como mínimo, un total de 58 Galescola, atendidas por un equipo de 472 profesionais e cunha oferta global de 2.733 prazas.
Por outra banda, xa hai uns días, a concelleira asistíu á sinatura dun convenio coa Vicepresidencia para a construción dun centro de día na cidade, que segundo as previsións, estará en funcionamento no 2009. A través deste acordo de colaboración, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar impulsará a construción de 12 novos centros de día para a atención aos maiores. Os equipamentos, que se situarán nos terreos cedidos polos propios concellos, sumarán unha nova oferta de 565 prazas para persoas maiores. O obxectivo destas actuacións consiste en dotar a Galiza dunha extensa rede pública de equipamentos sociais, integrada na actualidade por 30 equipamentos que suman 937 prazas, dos cales 15 dos centros están xa funcionando, cunha oferta que chega ás 500 prazas país en materia social. En total, preténdese Galiza dispoña de 55 centros de día, con 2.200 prazas para persoas maiores no vindeiro ano.