luns, 1 dec 2014
A sesión deste luns deu luz verde á moción do BNG instando ao goberno local á realización dunha auditoría que permita ter os "datos reais e un control exhaustivo" do servizo que está prestando a empresa Vitrasa. A decisión, apoiada polo PP coa abstención dos socialistas, tamén require a avaliación do novo mapa de liñas e a súa eventual mellora.
luns, 1 dec 2014
A moción presentada este luns no Pleno polo grupo socialista foi aprobada co apoio nacionalista e a oposición do PP e esixe ao Goberno de España que manteña o Instituto da Muller como ente autónomo especializado na igualdade de oportunidades entre xéneros. Vigo pide igualmente máis recursos para o Instituto e devolverlle a capacidade de acción que tiña.
luns, 1 dec 2014
A tenente de alcalde, Carmela Silva, deu conta no Pleno da Corporación deste luns do informe trimestral sobre o cumprimento dos prazos para os pagos do Concello, que sitúan á local viguesa como "a mellor do conxunto das administracións" cunha media de 12,04 días, cando os entes públicos abonan as súas facturas nun prazo de 111 días.
luns, 27 out 2014
A tenente de alcalde, a socialista Carmela Silva, defendeu unha moción de urxencia no pleno deste luns solicitando ao Ministerio de Xustiza a creación dunha nova praza de maxistrado na sección sexta -especializado en civil- da Audiencia Provincial, con sede en Vigo, mantendo a proposta da Comisión Mixta de crear unha na sala quinta -penal-. A proposta foi apoiada por todos os grupos políticos.
luns, 27 out 2014
A moción, presentada polo grupo socialista e apoiada polos restantes partidos na sesión plenaria deste luns, reclama do organismo provincial e da entidade bancaria o seu retorno á Fundación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, tras ter abandoado o padroado nos últimos anos coa conseguinte reducción do orzamento e da programación no MARCO.
luns, 27 out 2014
A unanimidade do Pleno deu luz verde a unha moción do BNG na que se solicita a adopción de medidas uxentes para mellorar os servizos sociais do Concello. Durante o debate, o PSOE presentou unha engádega, que tamén contou co apoio de todos os grupos, para que a Xunta cofinancie o proxecto anual de servizos comunitarios municipais.
luns, 27 out 2014
O PP conqueriu o apoio do resto dos grupos á moción na que insta ao goberno local a ampliar os horarios dos distintos espazos expositivos da cidade. Tamén logrou sacar adiante, neste caso cos votos do BNG, unha iniciativa que reclama estudar a posibilidade de ubicar o Bernardo Alfageme no Museo do Mar de Galicia.