O Pleno insta á Xunta a habilitar as residencias militares de a ETEA como vivendas sociais
A maioría da Corporación deu luz verde á proposta socialista de habilitar como vivendas sociais as residencias militares de a ETEA. Na sesión plenaria desta mañá tamén se acordou reclamar á Xunta a implementación dun programa similar ao plan de axudas a familias que está a desenvolver o Concello, cun orzamento de 2,4 millóns. <br />
A Corporación municipal solicitará á Xunta de Galicia iniciar o procedemento que permita habilitar como vivendas sociais as residencias militares da antiga escola militar da ETEA. Deste xeito, argumentou a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, facilitaríase vivenda de protección as persoas que as precisen. Esta moción foi aprobada cos votos favorables do PSOE e a oposición do PP e de Mareas. Seguindo con medidas de apoio social, a maioría do Pleno tamén deu luz verde a outra moción socialista, neste caso, instando ao goberno autonómico a implementar en Vigo un programa para afrontar desafiuzamentos e situacións de carencia enerxética e alimentación. Segundo se explicou na sesión plenaria, o obxectivo da moción é instar á Xunta a desenvolver na cidade un programa similar ao que está a executar o Concello de Vigo, dotado con 2,4 millóns. Neste caso o PP votou en contra e a Marea abstívose.
Outra das mocións que se aprobaron esta mañá -tamén defendida polo grupo socialista- pasa por solicitar á Xunta á revisión dos protocolos de actuación do 112 nos municipios da Área Metropolitana. A unanimidade do Pleno apoiou esta iniciativa que ten por obxectivo lograr un mellor aproveitamento dos medios humanos e materiais en materia de emerxencia , así como evitar que se repitan situacións como a vivida recentemente no incendio que afectou á empresa Fandicosta.
Cos votos favorables do PSOE -o PP votou en contra e a Marea optou pola abstención- aprobouse unha moción instando ao cese de Ignacio López Chaves como delegado territorial da Xunta. Segundo argumentou o edil socialista, Carlos López Font, a xestión como presidente da Autoridade Portuaria do actual representante autonómico na cidade supuxo unha perda transcendental para a economía local, deixando unha "herdanza calamitosa". Na súa opinión, despois desta "desastrosa xestión", López Chaves non debería ocupar un novo cargo público.