Vigo limita o espazo de libre horario comercial ás zonas vellas e parte do ensanche
O Pleno aprobou este luns a declaración de Zona de Gran Afluencia Turística da cidade, en cumprimento dun decreto lei do Goberno de España censurado polo goberno de Vigo. O edil de Comercio, Ángel Rivas, asegurou que recabou o apoio de 18 asociacións e dos sindicatos na delimitación das áreas de libre comercio.
Cos votos do goberno de Vigo e a negativa da oposición, o Pleno da Corporación aprobou este luns limitar as áreas de libre comercio ao Casco Vello, a zona histórica de Bouzas e parte do ensanche, en cumprimento dun decreto lei do Goberno de España que, ao superar ás 600.000 pernoctacións, libera os horarios do comercio en toda a cidade, salvo acordo para delimitar un espazo concreto.
Este acordo de delimitación das áreas de libre comercio foi adoptado este luns polo Pleno da Corporación. O concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, censurou o contido deste decreto lei, cuxo impacto se intentou "minimizar" mediante "horas de diálogo e mesas de negociación" co sector. Así, o edil agradeceu o traballo das entidades e dos sindicatos para acadar unha proposta que ten o respaldo das principais centrais sindicais e de 18 asociacións viguesas do sector. Rivas engadiu que a delimitación vai en defensa dos traballadores e do pequeno e mediano comercio.
Os grupos da oposición, Marea e PP, rexeitaron o acordo. O voceiro da primeira formación, Rubén Pérez, tamén censurou a "lesiva" lei estatal que obriga "case con chantaxes" á adopción de límites territoriais, mais denunciou unha información "cautiva" e unha xestión "nefasta" do goberno vigués na delimitación das zonas. A voceira do PP, Elena Muñoz, indicou que o acordo é un "despropósito", asegurou que o Concello seguiu métodos parecidos aos da "mafia" durante o proceso e augurou que os tribunais tombarán o acordo.
Na quenda de peche, o concelleiro de Comercio recordou que a proposta aprobada é "de todos os comerciantes, non só do goberno de Vigo" e citou o "diálogo permanente" mantido entre o Concello e o sector. Rivas certificou que todas as reunión se celebraron na mesa de negociación, no Concello de Vigo, e insistiu en que a delimitación ten o aval dos sindicatos e de 18 asociacións sectoriais.