O goberno local valida o convenio para a integración de Vigo no transporte metropolitano
O rexedor confía en que a nova Área Metropolitana estea en vigor no próximo mes de outubro, unha vez que o goberno local deu luz verde ao convenio de transporte metropolitano. O acordo inclúe un proxecto de colaboración entre Xunta, Concello e VITRASA.
Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación do proxecto de convenio de colaboración entre Xunta, Concello e VITRASA para a integración de Vigo no transporte metropolitano. Deste xeito, explicou o rexedor, queda xa establecido o papel de Vigo no acordo que inclúe unha cláusula guillotina que supedita esta integración de Vigo á luz verde da modificación de Lei da Área Metropolitana, aínda que precisou que "non ten dúbidas" ao respecto da aprobación da nova versión desta lei. Respecto dos prazos, confiou que a Área estea formalmente constituida en outubro, unha vez que entre en vigor a norma e se nomee aos membros da asamblea metropolitana. A partir dese momento, procederase a incluir a todos os concellos que así o solicitaron e que non forman parte dos catorce iniciais, precisou o rexedor.