Escoitar

O Ministerio de Fomento e o Concello achegarán 7 e 3 millóns, respectivamente, para humanizar a Avenida de Madrid

O alcalde deu conta esta mañá do "avanzado" que está o convenio que vai a asinar co Ministerio de Fomento para humanizar a Avenida de Madrid. Tal e como avanzou, os traballos ascenderán a uns 10 millóns de euros, dos que 7 lle corresponderán ao Goberno Central, mentres que os 3 restantes serán asumidos polo Concello.

xoves, 26 mai 2016
Abel Caballero amosou esta mañá a "súa satisfacción" porque o convenio co Ministerio de Fomento para remodelar a Avenida de Madrid está pendente unicamente da pertinente tramitación administrativa. Segundo explicou, o texto está "moi adiantado" e podería ser asinado en "dez ou quince días". O convenio determina que o Ministerio de Fomento achegará 7 millóns de euros -ademais de recuperar as baixas que se poideran producir na licitación- e o Concello asumirá os tres millóns restantes.