Caballero recoñece o "traballo excepcional" da Policía Local na "atención e seguridade" cidadás
No acto de celebración do Día da Policía Local, que tivo lugar este mércores na Praza do Rei, Abel Caballero quixo recoñecer aos axentes o seu "traballo excepcional, a atención aos cidadáns e a seguridade que imprimen á cidade". Vigo celebrou esta xornada cunha exhibición policial.
Antes do comezo do acto, o rexedor vigués eloxiou a función de "tantos e tantos policías que facilitan a vida en Vigo: na seguridade, no tráfico, en tantas accións", subliñou Caballero.
Como ben sendo habitual, Vigo celebrou este mércores o Día da Policía na Praza do Rei cunha exhibición acrobática dos motoristas, que veu precedida por senllos discursos do máximo responsable da Policía Local de Vigo, Francisco Martínez, e do alcalde da cidade, Abel Caballero. Tamén se entregaron distintivos aos axentes que cumpriron 25, 30 e 35 anos de permanencia, así como metopas aos policías locais xubilados e trofeos de competicións deportivas.
Descargar todas as imaxes