A Corporación aproba o novo regulamento do Pleno, "máis avanzado en transparencia"
A aprobación definitiva do novo regulamento orgánico do Pleno vigués saíu adiante este luns cos votos do goberno de Vigo e a negativa de PP e Marea. Carlos Font defendeu un texto "máis avanzado en transparencia", que inclúe o 35% das emendas presentadas e que "garante o desempeño das funcións dos concelleiros"
A Corporación viguesa aprobou este luns o novo regulamento orgánico do Pleno, documento ratificado polo goberno de Vigo que foi rexeitado na votación polo PP e por Marea.
Carlos Font, polo goberno de Vigo, asegurou durante a sesión que era necesaria a adecuación do regulamento e o texto finalmente aprobado recolle esta actualización e incorpora o 35% das emendas presentadas. O concelleiro citou que a norma avanza en transparencia, ampliando a información económica e patrimonial dos representantes públicos, tamén regula as actuacións dun goberno en funcións, regula o traspaso de poderes e referenda o carácter público das sesións plenarias, con medidas que garantan o "respecto" e "o desempeño das funcións dos concelleiros".
A oposición considera o regulamento como un "atentado á democracia", en verbas da voceira do PP, Elena Muñoz, quen tamén asegurou que "asesta un duro golpe á liberdade de expresión". O voceiro da Marea, Rubén Pérez, criticou que o texto "se utiliza para masacrar os dereitos da oposición e dos cidadáns" e censurou limitacións para a conformación dos grupos municipais e no acceso aos expedientes.