venres, 3 xuñ 2016
<br />
Tras ter recibido un escrito da Dirección Xeral de Mobilidade convocando unha reunión para o vinte de xuño, Abel Caballero instou á Xunta de Galicia a adiantar esta cita e abordar a subvención dun autobús directo a Peinador, como xa fai o goberno autonómico en Santiago de Compostela con 340.000 euros.
venres, 3 xuñ 2016
Segundo informou Abel Caballero, o goberno de Vigo vén de aprobar as bases do programa de axudas á instalación de ascensores, mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios, dotado con case 50.000 euros. <br />
venres, 3 xuñ 2016
O alcalde, acompañado pola directora artística do Festival de Jazz de Vigo, Lucía Martínez, e polo concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, destacou a calidade musical do Imaxinasons que, sendo un proxecto integramente municipal, é xa unha "referencia cultural urbana da cidade" querendo ser unha "peza esencial do desenvolvemento do jazz en Galicia". O programa para o que se destinan 150.000 euros, un 15% máis ca na edición anterior, desenvólvese dende o 1 ata o 9 de xullo en diferentes espazos vigueses.
venres, 3 xuñ 2016
Dez establecementos do entorno de Pi y Margall e Torrecedeira, explicou este venres o alcalde de Vigo, participan desde este venres e ata o próximo 19 de xuño na terceira edición do Petisquiño, iniciativa que forma parte do calendario de rutas de tapas que promove o Concello ao longo de todo o ano.
venres, 3 xuñ 2016
O alcalde recibiu este venres aos responsables de "En Moto polo Refuxiado", unha serie de accións coas que queren amosar a solidariedade da cidade coas persoas refuxiadas e captar fondos para prestarlles axuda. O proxecto recibiu o respaldo do rexedor que apuntou que Vigo "quere que haxa futuro de acollida para a xente que o precisa e que acode a Europa" na procura de axuda. <br />
venres, 3 xuñ 2016
O rexedor participou este venres no MARCO na presentación da exposición "O mundo flúe. Dúas Miradas sobre unha mesma realidade" que organiza a Fundación ONCE para divulgar a obra de artistas con algún tipo de discapacidade e de artistas que se inspiran na discapacidade para as súas creacións.
venres, 3 xuñ 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu a unha representación dos clubs participantes na Copa Vigo, o torneo de fútbol máis antigo de Vigo e de Galicia (nacido en 1933).
venres, 3 xuñ 2016
A ONG Plan Internacional vén de presentarlle a Abel Caballero a campaña "Por ser niña", que busca concienciar á cidadanía sobre a discriminación e violencia sufrida por millóns de nenas en todo o mundo. O rexedor amosoulles o apoio e participación do goberno municipal con este proxecto.