Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 2 xuñ 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 3 DE XUÑO DE 2016.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 20 de maio, e extraordinaria e urxente do 24 de maio de 2016.

ALCALDÍA
2.- Designación de representante municipal no Consello Social da Universidade de Vigo. Expte. 78/1102.

BENESTAR SOCIAL
3.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para o desenvolvemento do Proxecto de acollemento familiar temporal "Vacacións en Paz-2016". Expte. 120766/301.

CONTRATACIÓN
4.- Clasificación de ofertas para a contratación dos servizos de control de acceso dos usuarios, mantemento básico, limpeza e apertura e peche das instalacións das pistas municipais de Balaídos. Expte. 14569/333.

DEPORTES
5.- Proposta de autorización para a organización do evento deportivo "Vigo Arena 2016" do 4 de xuño ao 10 de xullo de 2016 en Samil. Expte. 14830/333.

6.- Proposta de autorización para a organización do evento deportivo "Coruxo Móvese" o vindeiro 5 de xuño de 2016. Expte. 14831/333.


DIRECCIÓN DE INGRESOS
7.- Prórroga do Contrato de servizos de colaboración cos servizos municipais de Xestión Catastral Delegada e Administración Electrónica para a realización de determinadas funcións catastrais. Expte. 2281/500.

FESTAS
8.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) para a organización do Programa "Vigo, un mar de corais" para o ano 2016. Expte. 6438/335.


9.- Proxecto de convenio de colaboración coa Federación de Bandas de Música Populares de Vigo para a organización dos programas de 2016 "Vigo, un mar de Bandas" e "Aulas de música nas Bandas". Expte. 6437/335.

10.- Dar conta da relación de expedientes de contratación tramitados polo réxime de gasto menor no Servizo de Festas – xaneiro 2016. Expte. 6478/335.

11.- Dar conta da relación de expedientes de contratación tramitados polo réxime de gasto menor no Servizo de Festas- abril 2016. Expte. 6479/335.

IGUALDADE
12.- Aboamento de gastos de comunidade de propietarios/as da vivenda identificada como centro de servizos sociais denominada "Vivenda de protección de vítimas de violencia de xénero II" co núm. E-638-C-7. Expte. 7178/224.

13.- Aboamento de gastos de comunidade de propietarios/as da vivenda identificada como centro de servizos sociais denominada "Vivenda de protección de vítimas de violencia de xénero III" co núm. E-638-C-8. Expte. 7183/224.

MEDIO AMBIENTE
14.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Mancomunidade de Montes de Vigo para o desenvolvementos de actividades en materia medioambiental. Expte. 11894/306.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
15.- Proposta de autorización da asistencia da técnica de Normalización Lingüística ao Congreso mundial de canto improvisado en Donostia. Expte. 2098/334.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
16.- Convocatoria e bases reguladoras das "Subvencións para o fomento do asociacionismo e da participación cidadá para o ano 2016". Expte. 7353/320.

17.- Resolución do expediente de "Axudas á realización de obras de reurbanización nas prazas ou espazos privados de uso público". Expte. 7031/320.


PATRIMONIO
18.- Proposta para desestimar as alegacións formuladas por Hostelería Samil Playa SLU e declarar resolta a autorización en precario para tobogán acuático no Paseo da Praia de Samil. Expte. 19702/240.

19.- Proposta de modificación da autorización outorgada polo Pleno municipal de 27.12.2010 da cesión do Museo do Mar de Galicia á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Expte. 19838/240.

20.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo coa finalidade de executar obras de acondicionamento para aparcadoiro. Expte. 19731/240.

POLICÍA LOCAL
21.- Proposta de autorización da asistencia do Intendente xefe da Policía Local ao curso "Dirección de Tráfico, Seguridade Viaria e Transportes para persoal alleo á Garda Civil" . Expte. 48701/212.

RECURSOS HUMANOS
22.- Rectificación de erros no acordo da X.Goberno local do 13.05.16 polo que se aproban an Bases reitoras para a formación das bolsas de emprego que permitan os nomeamentos interinos como programadores informáticos/as e como técnicos/as de xestión. Expte. 27846/220.

23.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas dun/dunha auxiliar administrativo/a, baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) do R. D. Lexislativo 5/2015 do 30 de outubro, do TRLEBEP, por un prazo máximo de seis meses para o servizo de Festas e Turismo. Expte. 27868/220.

24.- Proposta de aprobación da realización da campaña de desratización ordinaria no termo municipal de Vigo para o ano 2016. Expte. 27874/220.

25.- Complemento de produtividade, por limpeza de fontes ornamentais, do persoal do servizo de Electromecánicos correspondente ao 4º trimestre de 2016. Expte. 28071/220.

SERVIZO DO ÁREA DE CULTURA
26.- Toma de coñecemento dos contratos de xestión integral do aparcamento público e dos edificios do Auditorio-Pazo de Congresos de Vigo, concluídos por Pazo de Congresos de Vigo, S.A. coa Mercantil "Valoriza Facilities S.A.U." e autorización da addenda. Expte. 13796/101.



TRANSPORTES
27.- Proposta de autorización para a organización do evento "Pedaliña 2016" os días 4 e 5 de xuño de 2016, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. Expte. 1119/449.

28.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 3 de xuño de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 1 de xuño de 2016.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.