Escoitar

CURSOS GRATUÍTOS DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS

A Concellería de Xuventude organiza un curso de formación en temas sanitarios de manipulación hixiénica de alimentos, homologado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

xoves, 2 xuñ 2016
Contido: Enfermidades transmitidas polos alimentos. Perigos alimentarios. A persoa manipuladora de alimentos. Hixiene de instalacións. Equipos e procesos. Limpeza e desinfección. Desinfección e desratización. Seguridade alimentaria. Lexislación alimentaria. Etiquetado.
Ao remate do curso realizarase unha proba de avaliación e entregarase o certificado correspondente.

Destinado a: Mozos e mozas ata os 35 anos de idade, empadroados/as no Municipio de Vigo.

Datas, horario e lugar: Na Casa da Xuventude (López Mora, 31)
1) 23 de xuño de 10 a 13hs (Curso II)
2) 23 de xuño de 17 a 20hs (Curso III)

Inscrición presencial a partir do día 16 de xuño, ás 10hs, na Casa da Xuventude (López Mora 31). Inscrición por rigoroso orde de chegada.

Documentación para inscrición: Fotocopia do DNI e volante de empadroamento no Municipio de Vigo e cubrir a ficha de inscrición. ( A ficha pódese descargar na web xuventudevigo.org ou cubrila no momento da inscrición presencial)

Máis información:
Casa da Xuventude: rúa López Mora nº 31. 36211 Vigo. 986 294 806 . www.xuventudevigo.org