Escoitar

Vigo e Verín estudarán un "trazado conxunto" para poñer en valor a figura de García Barbón

O alcalde vigués recibiu este xoves ao seu homólogo de Verín, Gerardo Seoane, reunión na que abordaron "temas comúns" e "de gran interese", como o legado de García Barbón en Vigo e en Verín, onde viviu antes de vir á cidade olívica.

xoves, 2 xuñ 2016
1464871340verin.JPG
Despois da reunión con Gerardo Seoane, o alcalde de Vigo explicou que "imos estudar un trazado conxunto de García Barbón", do seu papel en Galicia, pois tras nacer en Cuba viviu en Verín antes de desprazarse á cidade olívica, deixando un importante legado en ambos municipios. "É un home tan especial e tan importante", asegurou Caballero sobre a figura de García Barbón, que hai que "poñelo en valor".

Ademáis, Caballero e Seoane abordaron temas de carácter económico. Verín atópase no camiño entre Vigo e Madrid polo que pode xogar un papel no ámbito loxístico, apuntou o alcalde vigués, quen adiantou que "seremos receptivos" ás propostas que poidan chegar desde Verín neste aspecto. O rexedor vigués enfatizou ademais o "interesante" da relación entre ambos concellos.
Descargar todas as imaxes