O alcalde mostra a súa "satisfacción" pola chegada do Harmony of the Seas a Vigo
O cruceiro máis grande do mundo fixo escala este mércores no Porto de Vigo durante a súa viaxe inaugural na que traslada a 9.000 pasaxeiros, que hoxe visitan a cidade. Abel Caballero participando a bordo do buque no acto de intercambio de métopas e ofreceu á Autoridade Portuaria a colaboración municipal para que o molle vigués siga sendo atraente para os cruceiros.
Vigo recibe este mércores ao cruceiro máis grande do mundo que realiza a súa viaxe inaugural con 9.000 pasaxeiros a bordo quen, ao baixar a terra, atopan unha "cidade fermosa, limpa, agradable e acolledora", segundo sinalou Abel Caballero.
O rexedor visitou o buque esta mañá xunto a outras autoridades e participou no intercambio de métopas co capitán do barco, apuntando que "ver este grande cruceiro é alentador para Vigo", que quere seguir atraendo este tipo de turismo, para o que ofreceu ao Porto "toda a colaboración" do Concello, en aras de conseguir recuperar a caída "importantísima" na chegada destas embarcacións ao molle olívico.
Descargar todas as imaxes