Ciclo de Música de Cámara
O mércores, 1 de xuño, dará comezo o Ciclo de Música de Cámara, organizado polo Conservatorio Superior de Música de Vigo en colaboración coa Concellería de Cultura. O ciclo prolongarase ata o venres no Auditorio Municipal do Concello e tomarán parte os grupos gañadores do II Concurso de Música de Cámara do CSMVigo; así, mañán actuarán Laura Zapatero (piano) e Raquel Fernández (violín) que obtiveron o primeiro premio, ademais de Patricia Sío (clarinete) e David Núñez (piano), 3ª mención de honra.

O xoves actuarán o Quinteto Afiato (3º premio) e Kalamatianos Sax Quartet (2ª mención de honra); por último, o venres actuarán Lucía Lugrís (frauta) e Raúl Reyes (clarinete) como 2º premio, e pechará o ciclo o Quinteto de metáis (1ª mención de honra).
Os concertos serán ás 20:00 h, con entrada libre ata completar aforamento.
Descargar todas as imaxes
Os concertos serán ás 20:00 h, con entrada libre ata completar aforamento.