xoves, 2 xuñ 2016
O alcalde vigués recibiu este xoves ao seu homólogo de Verín, Gerardo Seoane, reunión na que abordaron "temas comúns" e "de gran interese", como o legado de García Barbón en Vigo e en Verín, onde viviu antes de vir á cidade olívica.
xoves, 2 xuñ 2016
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases reguladoras para as subvencións de fomento do emprego en contornas colaborativas, o denominado coworking, cunha partida de 30.000 euros que se ampliará se fose necesario, segundo anunciou o alcalde. Caballero avanzou tamén a aprobación do expediente de contratación do Programa Municipal de Educación Básica de Persoas Adultas e o expediente do servizo de mantemento e conservación do Parque do Castro.
xoves, 2 xuñ 2016
Abel Caballero invitou á cidadanía a sumarse esta fin de semana á Pedaliña, que programa actividades lúdicas e formativas este sábado no Castro e, o domingo, unha marcha ciclista de 21 quilómetros pola cidade. Coa participación de COGAMI e de carácter solidario, o rexedor eloxiou a "mezcla de vida saudable, de actividde deportiva e de atención a UNICEF" que propón a Pedaliña.
xoves, 2 xuñ 2016
O alcalde de Vigo felicitou esta mañá de xoves ao campión galego sub 10 de axedrez, o vigués Xulio del Prado, de 9 anos. Durante o encontro, o rexedor animouno a seguir avanzando nesta disciplina, recoñecéndolle o papel destacado que tamén tivo no campionato de España.
xoves, 2 xuñ 2016
A Concellería de Xuventude organiza un curso de formación en temas sanitarios de manipulación hixiénica de alimentos, homologado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.