Caballero eloxia a capacidade integradora da arte para as persoas con discapacidade
O rexedor participou este venres no MARCO na presentación da exposición "O mundo flúe. Dúas Miradas sobre unha mesma realidade" que organiza a Fundación ONCE para divulgar a obra de artistas con algún tipo de discapacidade e de artistas que se inspiran na discapacidade para as súas creacións.
Abel Caballero asistiu este venres á presentación da exposición 'O mundo flúe. Dúas miradas sobre unha mesma realidade' que reúne unha selección de obras da Colección de Arte Contemporánea da Fundación ONCE. Son pezas que formaron parte das Bienais Internacionais de Arte Contemporánea organizadas pola entidade e que serán exhibidas dende hoxe e ata o 4 de setembro no ‘Laboratorio das Artes’, situado no primeiro andar do MARCO.
A Fundación ONCE pretende divulgar con esta mostra a obra de artistas con algún tipo de discapacidade (física, sensorial, intelectual e enfermidade mental) ou ben de creadores que, sen teren discapacidade, se inspiran nela para as súas creacións. Así, a exposición amosa múltiples puntos de vista na interpretación da discapacidade. Ademais, de forma paralela á mostra desenvolverase un programa educativo dirixido a escolares, ao público infantil e ás familias.
Durante a presentación de "O mundo flúe" o alcalde salientou a capacidade integradora deste tipo de accións para as persoas con discapacidade e referiuse ao labor que está desenvolvendo o goberno local para facer de Vigo unha cidade accesible na que se están eliminando as barreiras arquitectónicas coas obras de humanización e a través de programas como Vigo Vertical, que axuda á cidadanía a salvar as pendentes viguesas.
Descargar todas as imaxes